Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta subliña o carácter social dos orzamentos do 2022 para a provincia de Ourense
Gabriel Alén valorou os orzamentos para 2022 como “beneficiosos para Ourense e que poñen de manifesto a discriminación positiva do Goberno galego cara a nosa provincia principalmente nos eidos social e rural”
A Xunta mantén o diálogo coa hostalería e o ocio nocturno para avanzar na mellora das medidas ante a covid
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse esta tarde con representantes destes sectores para escoitar as súas demandas sobre melloras nos aforos e horarios e trasladalas á reunión do comité clínico que tamén se celebra hoxe
A Xunta móstrase satisfeita tralo visto bo da Deputación de Ourense a aumentar o persoal nos GES de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión
O Goberno galego mantivo unha xuntanza coas deputacións provinciais e coa Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES para aumentar o persoal para que tódolos grupos da comunidade conten con 12 integrantes, o que supón a contratación de 48 persoas
A Xunta forma este ano un centenar de axentes de Policía Local e medio cento de mandos policiais dos concellos que delegaron o proceso na Agasp
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asegurou hoxe no Parlamento de Galicia que, nos catro anos de vixencia do acordo, a Xunta foi quen de atender todas as peticións de prazas que chegaron dos 89 concellos adheridos
A Xunta reafirma o compromiso cos concellos galegos aos que destinou máis de 141 M€ nos últimos dez anos para mellorar as condicións de vida da veciñanza
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe os novos vestiarios da piscina de Campo Lameiro, concello no que o Goberno galego investiu máis de 462.400 euros nos últimos anos para actuacións ambientais e en infraestruturas
Gabriel Alén sinala ao enoturismo como un elemento turístico diferenciador e de calidade
O delegado territorial apuntou que aqueles que se queiran achegarse ata os territorios do viño do Ribeiro poderán facer visitas guiadas e de balde nas adegas participantes
A Xunta apoia ao sector turístico na adquisición de equipamentos poscovid e na súa dixitalización e promoción
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que se trata de dúas liñas de 6M€ cada unha dirixidas a establecementos hostaleiros e hoteleiros como os albergues privados do Camiño de Santiago, incluídas nun paquete de medidas de 16M€ para reactivar o turismo galego
Arias di que as melloras da seguridade viaria en 36 puntos do Camiño estarán listas para recibir a maior afluencia de peregrinos prevista en 2022
O delegado territorial informou a representantes de asociacións das rutas xacobeas da provincia de Lugo sobre a marcha das obras que está a executar a Xunta para reducir a perigosidade en puntos conflitivos de 13 estradas lucenses