Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Justicia y Deportes:

19/10/21 | 10:47 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Policía Autonómica en colaboración coa UIFO esclarece un incendio no concello coruñés da Pobra do Caramiñal

Na investigación tamén colaboraron efectivos da Policía Nacional de Ribeira e da Garda Civil de Boiro, xunto con axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e persoal do Distrito Forestal IV Barbanza

18/10/21 | 18:39 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Galicia e o Norte de Portugal apostan polo tren de alta velocidade e a transición dixital e piden máis cohesión territorial na Eurorrexión

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, o presidente da CCDR-Norte e da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, António Cunha, e o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión GNP, Nuno Almeida, fixeron hoxe en Braga fronte común na “Conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia”

18/10/21 | 16:03 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Fernández-Tapias visita Pelican of London, uns dos veleiros que tomará parte na ruta Iacobus Maris 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a importancia deste proxecto por canto contribuirá á proxección nacional e internacional do Xacobeo recreando a ruta marítima desde Jaffa ata Galicia

18/10/21 | 15:23 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

O 15º Outono Gastronómico impulsado por turismo de Galicia chega a 17 establecementos da provincia de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta, Luis López, presenta esta iniciativa no hotel rural Torre do Río, en Caldas de Reis, e anima a galegos e visitantes a “gozar da rica gastronomía de tempada” ata o 19 de decembro

18/10/21 | 15:05 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta apoia 5 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de Ferrolterra cun investimento de case 100.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o Concello de As Somozas que conta cunha nova sinalización dos seus recursos turístico grazas a estas axudas

18/10/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Fernández-Tapias destaca os programas da Xunta de impulso á formación para o emprego na inauguración do obradoiro Coidando Miñor

A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, recorda que en conxunto o Goberno galego financiará con preto de 3 millóns de euros 9 obradoiros duais de emprego en 11 concellos da área territorial de Vigo, que permitirán contratar a 172 persoas

18/10/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Arias anima aos participantes no obradoiro xuvenil de Lugo a aproveitar as oportunidades que ofrece a formación para o emprego

O taller Start IOT 5.0, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 369.500 euros, mellora a capacitación profesional de 16 menores de 30 anos no eido da tecnoloxía

18/10/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Gabriel Alén subliña o esforzo inversor da Xunta nos albergues de peregrinos da provincia

O delegado territorial sinalou que levaranse a cabo ata finais de ano actuacións en 28 albergues públicos por importe de 2,4 millóns de euros

18/10/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Luis López destaca a “máxima calidade” dos produtos e da cociña galega na presentación da iniciativa 'alimentación consciente' en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta asiste ao acto inaugural desta actividade de Cruz Vermella Española, que pretende difundir a aplicación de hábitos saudables na alimentación para mellorar a calidade de vida

18/10/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta pon en valor o potencial do xeodestino das Mariñas ao que este ano o Goberno galego destina 40.000€ para o seu desenvolvemento turístico

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade para converter en un atractivo turístico a marca Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo