Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Justicia y Deportes:

14/10/21 | 20:19 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes; C. de Hacienda y Administración Pública

A Xunta aumentará en máis dun 45% a dotación do Fondo de Cooperación Local adicional ata case os 13 M€

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro hoxe con representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no marco da subcomisión de Réxime Económico e Financeiro

14/10/21 | 19:33 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A directora de Turismo de Galicia participa en Ourense nas degustacións do programa 'Écociña no Camiño'

A Xunta promove con esta iniciativa a cociña autóctona e sostible entre turistas e peregrinos co obxectivo de promocionar os produtos e a gastronomía da comunidade

14/10/21 | 18:07 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Luis López garante o 'máximo apoio' da Xunta á Protección Civil de Cerdedo-Cotobade para a súa atención cidadá

O delegado territorial en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Jorge Cubela, visita a sede da agrupación e mantén un encontro co seu presidente, Javier Lois, e con algúns dos seus doce integrantes

14/10/21 | 16:24 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Galicia apoia en Bruxelas un sistema de protección xeográfica para os produtos industriais e artesanais

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 146º pleno do Comité Europeo das Rexións

14/10/21 | 15:31 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta celebra hoxe a entrega da Compostela número 150.000 a unha peregrina francesa

Marie Boileau chegou a Santiago polo Camiño Primitivo acompañada do seu marido, completando o seu quinto camiño

14/10/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Fernández-Tapias subliña os máis de 600.000 euros que recibiron as asociacións veciñais da comarca de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a Asociación de Veciños Cristo da Victoria de Coia, unha das 14 entidades da cidade de Vigo que recibiu apoios ao abeiro do Plan autonómico de acción comunitaria

14/10/21 | 15:02 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta apoiou a 16 axencias de viaxes da área de Santiago con máis de 48.000 euros

A Xunta pechou o prazo para unha nova liña de axudas que foi aprobada no marco dun novo paquete de novas medidas de apoio ao sector turístico galego cun investimento total de 15,8 M de euros das que se beneficiarán axencias de viaxes, establecementos hostaleiros e os concellos de menos de 10.000 habitantes

14/10/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta adxudica en 477.500 euros a renovación do Centro de Fauna do Veral, que inclúe a construción dun novo edificio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se modernizan e reordenan as instalacións para mellorar a conexión entre dependencias e a eficiencia

14/10/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta apoia 8 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento de máis de 162.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a fervenza do Ézaro onde se reparou a súa pasarela grazas a estas axudas

14/10/21 | 13:55 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta acomete a mellora de pistas municipais para accesos agrícolas en Lantaño, no Concello de Portas, cun investimento de 43.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, supervisa a actuación realizada no lugar de Cachal e destaca o incremento do Plan Marco no municipio en case un 17% para o presente exercicio