Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Justicia y Deportes:

11/10/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta acondiciona dúas estacións rupestres de petróglifos en Campo Lameiro coas axudas da orde de infraestruturas turísticas para concellos rurais

O delegado territorial, Luis López, supervisa esta mellora acompañado do alcalde, Carlos Costa, e informa da nova convocatoria, dotada con 3,5 M€ e que ten aberto o prazo de solicitude ata o 18 de outubro

11/10/21 | 16:04 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta renova o firme da estrada PO-303 entre Poio e Meaño no marco das obras en seis vías autonómicas da provincia nas que inviste case 800.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou os traballos na contorna da igrexa de Samieira, que benefician a máis de 22.000 veciños dos dous municipios

11/10/21 | 13:38 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta incrementou en máis dun 20% o investimento na mediación xudicial para a resolución pacífica de conflitos

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo hoxe un encontro co decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez-Cepeda, logo de que a Administración autonómica asinara un convenio cos letrados para a reedición dun programa de mediación penal nos Xulgados da Coruña e nos partidos xudiciais limítrofes

11/10/21 | 13:04 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense incrementa os seus fondos coas fotografías da familia Conde-Valvís Fernández

O delegado territorial explicou que se trata de imaxes que abranguen desde os anos 20 ata os 60 do pasado século e que recollen a actividade arqueolóxica de ourensán Francisco Conde-Valvís Fernández, ademais de escenas da vida cotiá da época

11/10/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Fernández-Tapias destaca que programas como o Outono Gastronómico e as Rutas dos Viños favorecen a desestacionalización da oferta turística

A delegada territorial da Xunta en Vigo anima aos veciños da comarca viguesa a utilizar o bono turístico para así fomentar o consumo interno este mes de outubro

11/10/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta impulsa Sanxenxo como territorio de preferente actuación turística e destaca os históricos datos de ocupación en toda Galicia

A Administración autonómica asinou un convenio co Concello por valor de 150.000 euros para a promoción turística do único municipio galego que acadou a distinción

10/10/21 | 12:10 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta promove a celebración do 'III Encontro Interrelixioso' en Santiago de Compostela

Este acontecemento desenvolverase os días 22 e 23 de outubro coa colaboración da Igrexa Metropolitana de Santiago

08/10/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta amplía a ocupación dos albergues públicos ao 75% con certificado covid trala autorización do TSXG

A Xustiza avala a medida, que considera “idónea” para lugares pechados que comparten “persoas sen relación entre si e que poden proceder de diferentes lugares e países”

06/10/21 | 13:46 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Fernández-Tapias cifra en preto de 114.000 euros as axudas destinadas ás axencias de viaxes na área territorial

Tras sinalar que o Goberno galego acompañou a este sector desde o primeiro momento da crise sanitaria, a delegada territorial da Xunta en Vigo recordou que está aberta unha segunda liña de achegas que poderá solicitarse ata o 11 de outubro

06/10/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta colabora co Arcebispado de Santiago na posta en valor do patrimonio coa apertura de igrexas no camiño

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou hoxe co ecónomo do arcebispado, Fernando Barros, os convenios nos que a Xunta aporta 180.000 euros para colaborar na ampliación de horario de apertura de 11 igrexas na cidade compostelá e na instalación de reixas noutras 16 do Camiño Francés e Portugués para ver o seu interior