Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/10/21 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense informa do anuncio de licitación das obras nas igrexas de Santa María de Macendo e de San Pedro de Moreiras nos que a Xunta investirá máis de 187.000 euros

Gabriel Alén informou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinará 119.645,57 € a San Pedro de Moreiras e 67.881,00 € a Santa María de Macendo

04/10/21 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Territorial da Xunta en Pontevedra informa dos vindeiros investimentos no Concello do Grove por máis de 1 M€

O delegado territorial, Luis López, preside este encontro mensual cos responsables territoriais das consellerías, que se celebrou na confraría de pescadores e que tivo lugar de xeito itinerante por terceira vez tras os celebrados en Oia e Covelo

04/10/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra a chegada de 140.000 peregrinos e subliña que as boas cifras do Camiño son un éxito colectivo de todos os galegos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, salientou que a Xunta acertou coa súa aposta pola recuperación do turismo e coa mensaxe Galicia Destino Seguro, que chegou a toda España

04/10/21 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora de dous parques infantís no concello lucense de Begonte

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións realizadas nestas instalacións, que contan cunha axuda de preto de 35.000 euros no marco da Orde de Infraestrutura de uso público

03/10/21 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Santiago acollerá unha reunión do Comité Europeo das rexións no ano Xacobeo 2022

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, amosa a súa satisfacción polo resultado favorable á proposta galega e destaca a idoneidade do Camiño de Santiago como exemplo de turismo sostible

02/10/21 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta estende a alerta laranxa por temporal costeiro ao litoral da provincia de Lugo

Agárdase vento no mar de forza 8 no noroeste da Coruña que pola tarde irá rolando cara o oeste e cara a costa luguesa

02/10/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia rexistrou un agosto histórico na ocupación de aloxamentos turísticos, con 2,2 millóns de pernoitas

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou hoxe en Vigo a campaña “Presume de Morriña”, posta en marcha polo Clúster Turismo de Galicia para reactivar o sector e animar a viaxar a Galicia trala pandemia

01/10/21 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas