Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

29/09/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias: 'A mellor política de emprego é a que aposta pola formación e a adaptación dos traballadores aos continuos cambios do mercado laboral'

A representante autonómica clausurou hoxe o Salvaterra Emprega, no que se formaron 20 desempregados en atención sociosanitaria, limpeza de superficies e mobiliario en edificios públicos e control de pragas durante os últimos 9 meses

29/09/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES A Pinguela estrea un aula, vestiarios e outras instalacións tras as obras de ampliación e reforma

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta investiu preto de 230.000 euros para modernizar e adaptar o centro ás novas necesidades

29/09/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén, destaca o compromiso do Goberno galego coas entidades que traballan no eido dos trastornos aditivos

O delegado territorial lembrou que neste 2021, o departamento sanitario do Executivo autonómico destina máis de 10 millóns de euros ao desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con este tipo de condutas na Comunidade

29/09/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba a proposta para as Medallas ao Mérito de Protección Civil de Galicia deste ano

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión da comisión de avaliación destas condecoracións, na que se aprobou entre outras propostas, outorgar unha medalla de ouro a tódalas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia polo seu traballo durante a pandemia

29/09/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para as axencias de viaxes tras conceder 183.000€ a 34 establecementos da provincia na primeira quenda

O delegado territorial, Luis López, informou hoxe desta orde, orientada a gastos de alugueiro ou de préstamos hipotecarios dos locais e que ten aberto o seu prazo de solicitude ata o vindeiro 11 de outubro, nunha visita a Viajes Arany, de Pontevedra

29/09/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

“O teu Xacobeo” e Fundamar presentan a primeira senda do patrimonio industrial marítimo pesqueiro no Camiño de Santiago

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe Recaladas no Camiño, un proxecto que busca contribuír á identificación e valorización dos recursos turísticos que vencellan as industrias do mar ás rutas xacobeas

29/09/21 | 10:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza este sábado en Lugo un festival con oito orquestras galegas no marco do Xacobeo 21-22

As entradas poden reservarse online de xeito gratuíto e as actuacións serán ao aire libre nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos

28/09/21 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o Xacobeo no Porto como unha oportunidade única para promocionar o patrimonio conxunto de Galicia e o Norte de Portugal

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, deu a coñecer a oferta turística galega aos principais operadores turísticos do norte de Portugal, aos que asegurou que o Camiño de Santiago é un reclamo de éxito para os seus negocios

28/09/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica colaborará coa Policía Nacional e a Policía Local de Santiago nun operativo para previr o botellón

Efectivos do Equipo de Resposta Oficial (Erpol) da Policía Autonómica e do grupo de menores participarán no dispositivo para vixiar a celebración de botellóns na cidade