Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias e a Editorial Elvira presentan a escolma de relatos que compoñen 'Historias do Camiño'
Con limiar do xornalista Jacobo Buceta, a publicación editada no marco do programa de “O Teu Xacobeo” consta de 12 relatos encabezados pola obra gañadora Os fillos pequenos
A Xunta avanza no novo marco para o ocio nocturno, que incluirá o certificado covid para optar ao nivel máximo de compromiso
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo unha reunión con representantes do sector na que perfilaron o protocolo que rexerá a reactivación dos locais de ocio nocturno a principios de outubro
A Consellería do Mar favorece a rexeneración das zonas de marisqueo de Arousa con 17,5 millóns de unidades de semente de ameixa
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informan da resolución destas axudas para O Salnés, dotadas con 384.000€, nunha visita á Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán
A Xunta distribuíu 2,5M€ de axudas dos concellos a máis de 2.400 hostaleiros
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que 64 municipios se adheriron ao convenio para que o Goberno galego adiantase a través da súa plataforma as contías dos concellos aos seus propios hostaleiros co obxectivo de simplificar os trámites e axilizar os pagos
A Xunta anuncia a licitación das obras de mellora no CPI Padrenda Crespos por case 692.000 euros
O delegado territorial explicou que as obras centrarase na mellora da eficiencia enerxética e funcional do centro, e que estas forman parte das comprometidas na provincia que se están licitando antes de fin de ano, como é o caso do CPI Padrenda Crespos, ás Xunta destina 7,9M de euros
A Xunta destina 264.000 euros a mellorar a eficiencia enerxética e as instalacións do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que as empresas interesadas teñen de prazo ata o 4 de outubro para participar no proceso de licitación
A Xunta inviste 30.000€ na adquisición de novos equipamentos para a Escola Superior de Restauración de Pontevedra
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade dota ao centro dun equipo de análise de material de última xeración e comeza a implantar o sistema de renovación de aire nos talleres
Ames e Brión acollerán un novo obradoiro de emprego que formará a 20 persoas na especialidade de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
O Goberno galego destina este ano un orzamento récord para a organización deste tipo de talleres de formación e emprego
A Xunta anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acollerá A Coruña e que porá en valor os océanos e os produtos pesqueiros galegos
Gonzalo Trenor destacou o importante esforzo do Goberno autonómico para difundir os produtos da artesanía e da industria alimentaria ligada ao mar a través do Mercado do Mar que terá lugar o sábado no marco deste evento