Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta lembra que os protocolos covid si permiten a instalación de barracas, con fórmulas que garantan a seguridade
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se prohiben expresamente en concellos con nivel de restrición máxima, esixindo nos demais casos medidas para asegurar a distancia e os aforos
A Xunta investirá máis de 85.000€ para a creación dunha nova sala multiusos no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso
O Goberno galego inviste este ano máis de 2,8 millóns de euros en melloras en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte
O DOG publica hoxe a resolución dos admitidos para levar a cabo as probas para novas inclusións nas bolsas de interinos de habilitados nacionais o vindeiro 25 de setembro
O Goberno galego tendo en conta as necesidades de persoal detectadas nas entidades locais e o incremento de postos vacantes nos concellos, publicou unha convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos en ditas bolsas
A Xunta sinaliza as Rutas do Viño de Valdeorras, Monterrei e da Ribeira Sacra
O delegado territorial explicou que o Goberno galego inviste 322.000 euros nesta actuación para actualizar os indicadores nos establecementos e concellos que atravesan estas rutas coa unificación e sinalización dos paneis, ademais de reforzar as indicacións nos lugares emblemáticos ou nos que inducen a erro
Nava Castro destaca o éxito e o alto nivel de execución do programa 'O Teu Xacobeo'
A iniciativa, que remata a finais deste mes, permitiu dinamizar, descentralizar e adaptar a programación do Xacobeo 21-22 ás condicións derivadas da pandemia a través de centos de actividades espalladas por toda a xeografía galega
A Xunta adxudica dúas novas vivendas de promoción pública na rúa San Francisco 15 no casco vello vigués
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Marta Fernández-Tapias, deu apertura hoxe ao sorteo na fase final de adxudicación por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo
A Xunta colabora coa DXT no reforzo da seguridade viaria nas distintas rutas do Camiño de Santiago
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co director xeral da DXT, Pere Navarro, o protocolo de actuación “Camiño de Santiago, Camiño Seguro”, co que se pretende informar aos peregrinos sobre as medidas que contribúan a garantir a súa seguridade e evitar e previr os riscos en puntos conflitivos
A Xunta colabora na cubrición dun parque infantil no concello ourensán de Muíños
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións realizadas nestas instalacións, que contan cunha axuda de preto de 34,000 euros no marco da Orde de Infraestrutura de uso público
A Xunta destaca que o novo servizo municipal de emerxencias de Noia permite mellorar a eficacia nas intervencións da zona
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos 12 efectivos deste servizo que atende as incidencias dos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son
A sala Gesell dos xulgados de Lugo garante a protección das testemuñas vulnerables e vítimas nas súas declaracións
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe as instalacións e tamén a sala de declaracións e videoconferencias instalada no xulgado de garda do edifico xudicial