Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

16/09/21 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de mellora do firme na estrada LU-721 na Fonsagrada, ás que destinou 68.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a actuación incluíu o repintado da sinalización horizontal en toda a lonxitude da vía, de 12,2 quilómetros

15/09/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega en Ribeira de Piquín os diplomas aos 20 alumnos traballadores do obradoiro ‘O Castro VI’

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a partir de outubro comezará unha nova edición deste taller, compartido cos concellos de Castroverde, Pol, A Pastoriza e Riotorto

15/09/21 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López informa á Asociación de Veciños e á Comunidade de Montes de Laxoso do proxecto da 3ª fase da mellora da PO-234

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra reúnese cos representantes de ambas entidades para explicarlles a configuración da obra, que aínda se atopa en fase de información pública

15/09/21 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axencias de viaxes xa poden acceder á II edición da liña de axudas para custos de mantemento e aluguer

A directora de Turismo de Galicia presentou esta mañá en Cambre a reedición desta liña de axudas orientada a subvencionar os custos de mantemento dos establecementos físicos das pequenas e medianas empresas das axencias de viaxes

15/09/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo termalismo para reforzar a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sostible

O vicepresidente primeiro da Xunta, participou hoxe na inauguración do “II Congreso Internacional sobre Auga e Saúde” no marco de Termatalia que reunirá a medio cento de expertos en termalismo de 10 países

Destacou a capacidade do turismo termal para desestacionalizar e diversificar o turismo, o peso de Galicia neste sector ao liderar a oferta a nivel nacional e as súas posibilidades de crecemento para dar resposta ao auxe da demanda de experiencias sostibles por parte dos turistas trala covid

15/09/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica os beneficiarios das axudas directas aos 415 locais de ocio nocturno que acadan os 4M€

Os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas ata un máximo de 35.000 euros segundo a superficie do local, de acordo cos criterios fixados cos representantes do sector e recollidos na Orde de convocatoria de 14 de xuño, pola que se establecían as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno de Galicia

15/09/21 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta realiza unha proba piloto en 8 albergues privados para elaborar un manual de boas prácticas

Estas medidas incoporaranse ao protocolo anticovid xa vixente para garantir a seguridade nas infraestruturas de acollida aos peregrinos

14/09/21 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón manter a parada orixinal do bus ao Carqueixo para garantir a seguridade viaria

O delegado territorial lembra que a intensidade de tráfico na LU-530 é de 10.000 vehículos ao día o que complica a localización da parada na rotonda desta vía

14/09/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega os diplomas ás 20 persoas que se formaron no obradoiro Serra do Faro, compartido por Chantada e Carballedo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que en breve dará comezo unha nova edición do proxecto para impulsar o emprego nestes concellos

14/09/21 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formará e dará opción a traballar a 100 persoas desempregadas na comarca de Bergantiños-Costa da Morte grazas a un investimento de 1,7 M€

O Goberno galego destina este ano un orzamento 11,3 millóns de euros para os obradorios duais e os de garantía xuvenil na comarca, é o máis alto da década