Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta investirá preto de 37.000 euros na instalación dun sistema de videovixilancia no polígono industrial de Xinzo de Limia
O delegado territorial explicou que o sistema contará con cámaras de visión nocturna especialmente deseñadas para o recoñecemento de matrículas, conectadas todas elas a un equipo conmutador de rede, xestionado por un servidor con software específico de control
A Xunta deseña a mellora dos 156 miradoiros catalogados da provincia de Pontevedra para aumentar o seu valor paisaxístico
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa da publicación dunha guía monográfica sobre os 472 espazos inventariados en Galicia nunha visita a Santa Tegra acompañado polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba
A Xunta presenta unha nova edición da campaña ‘Outono gastronómico’ con 73 casas rurais adheridas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en Celanova a XV edición deste programa que nestes 14 anos xerou ingresos no turismo rural por valor de máis de 4,4 millóns de euros
A Xunta inaugura a primeira edición para as ONGD galegas do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, remarca a importancia desta edición como parte do compromiso da Xunta de apoiar a formación dos axentes de cooperación e de facilitar o seu acceso a novas fontes de financiamento internacional
A Xunta solicita ao Parlamento a celebración do Debate de Política Xeral nunha sesión plenaria do vindeiro mes de outubro
A petición xa foi rexistrada na Cámara galega e o propio vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda comunicoullo persoalmente ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices
A Xunta concede obradoiros de emprego duais aos concellos de Ponteareas, As Neves, Tui e A Guarda cun investimento de máis de 1 M€
O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, anuncia a resolución nunha visita ao Centro de Desenvolvemento Local na que supervisou as actividades da iniciativa laboral da Xunta Coidar de Nós III
A Xunta destinará 6 M€ para apoiar aos hostaleiros na instalación de equipamentos poscovid
Esta liña de axudas financia a compra de medidores da calidade de aire, unha das medidas incluídas no protocolo da hostalería que entrará en vigor o mércores
A Xunta convoca a segunda liña de axudas ás axencias de viaxes que ascende a 350.000 euros
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ata o vindeiro 11 de outubro