Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

01/09/21 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Cebreiro acolle ata o 11 de setembro a exposición sobre Martín de Padrozelos no marco do programa da Xunta ‘O teu Xacobeo’

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu á inauguración da mostra na Palloza de Quico

01/09/21 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Rede Galega de Praias sen Fume creada pola Xunta abrangue 26 praias na provincia da Coruña con categoría oro

Esta Rede, nacida en 2016, conta con outros nove areais de 4 concellos recoñecidos coa categoría prata con polo menos a metade da súas praias con este distintivo

01/09/21 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 380.000€ na substitución das carpinterías e do illamento térmico exterior do CEIP Eugenio López de Cee

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

01/09/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A colaboración entre Gardacostas e a Policía Autonómica na loita contra o furtivismo permitiu a incautación de máis de 260.000 útiles na última década

Esta suma de esforzos tamén posibilitou o comiso de máis 1,3 millóns de quilos de distintas especies de peixe e marisco entre os anos 2010 e 2020

01/09/21 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta atendeu máis de 4.562 consultas desde o punto de atención administrativa covid da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o servizo instalado na xefatura territorial de Sanidade en Durán Loriga

01/09/21 | 12:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta califica agosto como un mes excepcional en ocupación turística con niveis superiores a xullo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe xunto a membros da xunta directiva do Clúster Turismo de Galicia, que o modelo de turismo tranquilo e de calidade contribuíu a que o mes pasado a comunidade recibise case o dobre de visitantes que o ano pasado

01/09/21 | 11:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia esta semana obras de mellora da seguridade viaria en tres puntos do Camiño Primitivo que coinciden con vías autonómicas na Fonsagrada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos de reforzo da sinalización e acondicionamento do pavimento da ruta xacobea no cruce coa estrada LU-740 á altura da Pobra de Burón

31/08/21 | 15:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo sitúa o modelo galego de turismo seguro e tranquilo como unha fortaleza e unha oportunidade para reactivar a economía e xerar emprego

Agradece o grande esforzo feito durante o inverno e a primavera por parte de todos os galegos, especialmente o sector turístico e hostaleiro, para que Galicia fose este verán unha das comunidades con mellor comportamento turístico de España

31/08/21 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias informa á directiva do CEIP Virxe da Luz de Portomarín das obras de rehabilitación previstas, licitadas por 1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os traballos proxectados teñen por obxecto modernizar o centro e aumentar a súa eficiencia enerxética

31/08/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lugo acolle esta semana unha concentración nacional de xadrez de alto nivel co apoio do programa da Xunta 'O Teu Xacobeo'

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou hoxe no acto de benvida ás persoas participantes na iniciativa, promovida pola Escola Luguesa de Xadrez