Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comeza na estrada PO-221, en Campo Lameiro e Moraña, as obras de reforzo do firme en seis vías autonómicas da provincia
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou o inicio dos traballos acompañado polos alcaldes de Campo Lameiro e de Moraña, Carlos Costa e José Cela, respectivamente
Gabriel Alén salienta os valores humanos do Camiño
O delegado territorial da Xunta en Ourense subliñou que esta proba, co patrocíneo da Xunta de case 18.000 euros ao amparo do programa ‘O Teu Xacobeo’, supón unha aposta dos valores de igualdade e inclusión
A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no Concello da Pobra do Caramiñal
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións realizadas nestas instalacións, que contan cunha axuda de 40.000 euros do Goberno galego no marco da Orde de Infraestrutura de uso público
A Xunta e o Goberno Central coordinan as medidas de control das vendimas
O delegado territorial informou que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, comezou xa, por terceiro ano consecutivo, os controis na vendima para asegurar e preservar a calidade dos viños das denominacións de orixe (DO) de Galicia
O delegado territorial da Xunta en Ourense analiza co alcalde de Amoeiro o comezo das obras do centro de saúde
Gabriel Alén puxo en valor estes investimentos para mellorar a calidade asistencial dos centros de saúde e para facilitar os seus usos por parte dos veciños
A Xunta outorga axudas a seis concellos da contorna da Coruña para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración cun investimento de máis de 355.000 euros
O delegado da Xunta na Coruña visitou a zona de Merille, no concello de Coirós, onde informou que este municipio recibirá máis de 57.600 euros para levar a cabo melloras no abastecemento da Espenuca e no saneamento e depuración en Merille
A Xunta aposta polo Camiño de Inverno con máis de 1,7M€ destinados á sinalización desta ruta
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, comprobaron hoxe as actuacións levadas a cabo ao seu paso polo concello de Rodeiro
A Xunta inicia as obras de mellora de 9,4 quilómetros da estrada LU-231 entre Friol e Palas de Rei
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o comezo dos traballos á altura do acceso a Castrelo, no municipio de Palas de Rei
Fernández-Tapias acompaña ao ex da NBA Craig Hodges no Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Vigo
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu ao protagonista da sétima edición do documental “O Camiño acaba no Obradoiro” no albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves na viguesa praza do Berbés
A Xunta remata as obras na Ponte de Valdriz e na súa contorna, nas que investiu 870.000 euros
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou a importante mellora que supón a ampliación da estrutura, que pasa de 6 a 10,5 metros, e a creación da senda peonil e ciclista na LU-621