Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

26/08/21 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza a notificar aos 415 beneficiarios as axudas directas aos locais de ocio nocturno que acadan os 4 M€

Os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas ata un máximo de 35.000 euros segundo a superficie do local, de acordo cos criterios fixados cos representantes do sector e recollidos na Orde de convocatoria de 14 de xuño, pola que se establecían as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno de Galicia

26/08/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na LU-636, entre Sarria e Becerreá, nas que inviste máis de 711.400 euros

Esta actuación de reforzo está incluída nun contrato máis amplo que afecta ás obras nas estradas Nadela-Sarria-Monforte e na vía de A Pontenova a Aldeguer, ás que o goberno Galego destina preto de 1,7 millóns de euros

26/08/21 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda destaca a singularidade da tradicional Festa da Rapa das Bestas de Sabucedo como reclamo para atraer visitantes

O vicepresidente primeiro da Xunta participou na presentación da edición deste ano que arranca hoxe adaptada á situación sanitaria da covid-19

25/08/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén sinala a Galicia como un destino turístico, seguro, de calidade e sostible neste Ano Santo

O delegado territorial significou que o ‘Ourenrock Sound – XS’ conta con artistas de primeiro nivel como Iván Ferreiro, M-Clan, Dakidarría, Tandub, Indomable e Lau

25/08/21 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e a Asociación Galega de Actividades Náuticas presentan monitores por un camiño accesible no marco do programa de “O teu Xacobeo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a contribución da proposta a facer de Galicia un destino máis accesible a través da formación dos axentes galegos para que proporcionen a mellor experiencia turística a un público con mobilidade reducida

25/08/21 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras na autovía AG-64 entre Vilalba e Xermade, e avanza neste punto na mellora da LU-170

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as dúas actuacións suman un investimento de 1,4 millóns de euros e supoñen a renovación do firme en 19 quilómetros de vías

25/08/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta márcase como obxectivo chegar aos 140.000 peregrinos antes de acabar o ano

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, continua hoxe o percorrido do Camiño Portugués da Costa dende o albergue de peregrinos de Briallos, en Portas

24/08/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a celebración da sétima edición do acontecemento “O Camiño remata en Obradoiro”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación deste programa de promoción do Camiño de Santiago organizado polo club de baloncesto Monbus Obradoiro

24/08/21 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O turismo en Galicia pecha xullo cunha evolución 20 puntos mellor que a media nacional

O número de viaxeiros descendeu un 10,7% na comunidade respecto a xullo de 2019 con 480.000 visitantes, case 20 puntos menos que a caída de case o 30% no conxunto de España