Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/08/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Delegado territorial da Xunta en Ourense pon en valor o labor do Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio

Gabriel Alén, sinalou que en 2020 case que 300 animais pasaron por estas instalacións do Rodicio

20/08/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executa obras de reforzo da seguridade das rutas xacobeas en puntos de Triacastela e A Fonsagrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 27.200 euros aos traballos de acondicionamento, que se desenvolven durante esta quincena

20/08/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta propón aos hostaleiros unha apertura por tramos baseada no cumprimento das normas anti covid

Trátase dun marco definitivo e estable para o sector da hostelería que ofrece un sistema xeral para toda Galicia

20/08/21 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O punto administrativo da covid en Ourense atendeu preto de 700 consultas desde a súa posta en funcionamento

O delegado territorial explicou que no punto administrativo do Espazo Xove o cidadán ten acceso inmediato á impresión dos certificados de probas diagnósticas, de vacinación ou enfermidade superada, á activación do sistema ‘Chave 365', ou a tramitación dunha alta rápida no sistema galego no caso de tratarse de persoas con residencia fora da comunidade

20/08/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O ciclo “Concertos na fin do mundo” esgota case todas as entradas para as catro actuacións en faros galegos

Para o primeiro concerto que se celebrará mañá no faro Cabo Silleiro de Baiona xa se venderon tódolos tickets, ao igual que no do 27 de agosto no Punta da Barca de Muxía e o do 10 de setembro no faro de Punta Atalaia de San Cibrao en Cervo, mentres que para o do 3 de setembro no faro de Corrubedo de Ribeira tamén están a piques de esgotarse

19/08/21 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta embelece e sinaliza o Camiño de Santiago en Caldas de Reis coas bandeirolas do programa `Xacobeo benvida'

O delegado territorial, Luis López, supervisa o treito da ruta portuguesa engalanado no casco histórico da vila caldense ao seu paso pola rúa Real

19/08/21 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita en 260.400 euros as obras de eficiencia enerxética no colexio Virxe do Carme de Sober

O proxecto contempla o cambio de carpinterías, luminarias e radiadores, e tamén a construción dunha rampla para mellorar a accesibilidade

19/08/21 | 09:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Farmamundi na atención das necesidades máis urxentes da poboación afectada polo terremoto de Haití

O Goberno galego activa o convenio coa ONGD para mellorar as condicións de saúde e a seguridade alimentaria en varias comunas do departamento Nippes, Sur e Grand´Anse, na zona sur e oeste do país

18/08/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe dunha vintena de puntos céntricos, turísticos e patrimoniais de Moraña coa instalación de cubrecontedores

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, José Cela, supervisa esta actuación de embelecemento, cofinanciada por Turismo de Galicia con preto de 65.000€ nas duas últimas convocatorias

18/08/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

O delegado territorial informounos da Orde de cesión de material de emerxencias para concellos de menos de 50.000 habitantes que contan con AVPC, e que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de xullo