Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta somete a información pública a mellora da seguridade viaria na PO-551, na contorna do núcleo da Portela en Bueu, que suporá un investimento de 530.000 €
A actuación, tamén necesaria para o desenvolvemento urbanístico do polígono da Portela, ten como obxectivo a reordenación da intersección situada no punto quilométrico 14+400 da vía autonómica, na que conflúen a EP-1301 e o viario de acceso ao núcleo de poboación
A Xunta asina un convenio coa Asociación Solidaridad para el Desarrollo y la Paz para adquirir 360.000 xiringas coas que vacinar contra a covid á poboación cubana
O Goberno galego destina 30.000 euros a este acordo, que se encadra no compromiso adquirido na Estratexia de resposta á covid-19 da Cooperación Galega para afrontar a emerxencia sanitaria
A Xunta achega o programa `Coñece Galicia´ a Sanxenxo coa posta en marcha do minicampamento `Natura II´
O delegado territorial, Luis López, asiste ás actividades vespertinas da primeira xornada no xacemento arqueolóxico da Lanzada
A Xunta achega o programa `Coñece Galicia´ a Lalín coa posta en marcha do minicampamento 'O noso rural II’
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, José Crespo, asiste ás actividades da primeira xornada no Museo Casa do Patrón
Unha vintena de rapaces participan nesta iniciativa de conciliación durante toda a semana cun programa centrado na aventura e a inmersión no medio rural
A Xunta licita en 249.000 euros a renovación da cuberta do albergue de Area, en Viveiro
A Consellería de Política Social está a reformar as instalacións deste campamento, que este verán volve a ser un dos máis demandados con todas as quendas completas
A Xunta asina un convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a reconstrución de vivendas en Mozambique
O obxectivo é recuperar as construcións afectadas por ciclóns no municipio de Boane e formar ao persoal técnico ante futuras crises provocadas polo cambio climático
"Concertos na fin do mundo" invita a experiencias únicas nos faros galegos da man do Xacobeo
O gaiteiro Anxo Lorenzo, as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun participan no cartel que terá como escenario os faros de Baiona, Muxía, Ribeira e Cervo
A Xunta duplica o orzamento para colaborar cos concellos galegos máis turísticos no reforzo da súa policía local durante a tempada de verán
O Goberno galego achega ata 145.000 euros aos concellos de Sanxenxo, O Grove, Baiona, A Guarda, Miño, Poio, Nigrán, Cambados, Cangas, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Tui e Vilagarcía de Arousa
A Xunta destina 247.600 euros a financiar oito obras de abastecemento e saneamento na Terra Chá
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que en Begonte vanse realizar melloras nos depósitos de Santalla e Gaibor e no tratamento de augas residuais en Cobos