Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Entregada a Compostela 70.000 que certifica a recuperación do Camiño de Santiago
Cunha media de máis dun milleiro de compostelas seladas ao día, as rutas xacobeas seguen recuperando camiñantes, que elixen maioritariamente o itinerario Francés
Luis López fai un chamamento á participación masiva da veciñanza de Portas no cribado de detección da covid-19 para detectar asintomáticos e frear os contaxios
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, acude á Fábrica Azucreira de Portas para supervisar estas probas, ás que están convocados os veciños de 14 a 39 anos
Xunta e forzas de seguridade acordan extremar a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias ante a fin de semana con máis festivos e desprazamentos do ano
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acordaron, nunha reunión por videoconferencia cos xefes das policías locais das principais cidades galegas e cos mandos policiais da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, extremar os controis e incrementar os dispositivos para evitar infraccións
A Xunta asina un convenio con Unicef para apoiar a vacinación contra o coronavirus, a polio e o sarampelo da poboación dos departamentos de Paz, Cochabamba e Pando, en Bolivia
O Goberno galego destina 100.000 euros á posta en marcha dunha campaña que inclúe a distribución das vacinas garantindo a cadea de frío e accións de sensibilización entre a poboación
A Xunta destina máis de 95.000 euros á mellora do abastecemento e sistema de depuración de augas residuais de pobos do Concello da Bola
O delegado territorial explicou explicou que na provincia de Ourense 67 concellos percibirán 95 axudas destinadas a mellorar estes servizos de competencia municipal
A Xunta financia a mellora de servizos de augas en 24 comunidades de usuarios de Tomiño e concede 94.000 euros máis para este ano
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisan as actuacións realizadas nos lugares de Sobrada, Tomiño, Goián e Estás, orientadas a garantir a subministración de auga potable aos veciños
A Xunta financia cinco proxectos de investigación sobre cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030
Contan cunha dotación orzamentaria de 150.000 euros e un período de execución de dous anos, a desenvolver polas universidades galegas en solitario ou en colaboración con outros grupos de investigación
A Xunta e o Clúster Turismo de Galicia ofrecen co Carné Xove un 10% de desconto en 21 establecementos hostaleiros e de ocio da provincia
O delegado territorial, Luis López, e o presidente da entidade, Cesáreo Pardal, informan desta iniciativa xuvenil nunha visita ao Campo de Paintball Parque Adrenalicia do Grove
A Xunta organiza unha viaxe de familiarización para promocionar o Camiño do Norte
A Revista Autoturing austríaca dará a coñecer o trazado logo das visitas guiadas a algúns dos puntos que atravesa como Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Sobrado dos Monxes ou Santiago de Compostela