Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta saúda a chegada a Santiago do peregrino 50.000 logo de percorrer o Camiño portugués da Costa
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, recibiu a María Pilar Acuña no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, ao que chegou cun grupo do proxecto Camiño Verde
A Xunta colabora co concello de Maceda nas instalacións do servizo de Emerxencias e Protección Civil que serán a sede do novo GES nesta zona
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que acadan preto de 32.000 euros
A Xunta celebra que a Conferencia Sectorial de Turismo aprobara os proxectos dos Plans de Sustentabilidade Turística Ourense Termal e Mariña Lucense
A inversión nas dúas iniciativas suma 5,4M€, dos que Xunta aporta 2.350.000
A Xunta salienta o valor da enogastronomía galega na promoción nacional do destino Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron no acto de presentación da participación de “...e para comer, Lugo” na nova edición de La Vuelta Ciclista a España
A Xunta aposta pola mobilidade sostible na Ribeira Sacra co fomento de medios de transporte públicos
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asistiu á presentación do bus lanzadeira de acceso ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, unha iniciativa coa que se pretende reducir o tráfico privado para preservar a contorna natural
Aberto o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado do Centro Superior de Hostalería de Galicia
Convócanse 21 bolsas para o alumnado dos primeiros cursos de Xestión Hoteleira e de Gastronomía e Xestión en Cociña
O Instituto de Medicina Legal de Galicia realizou no 2020 máis de 25.880 informes periciais médicos, psicolóxicos e sociais
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, presentou a memoria xunto coa directora en funcións do Imelga, Ana Belén Pérez
O Xacobeo 21-22 convértese no principal patrocinador do Europeo de Snipe que se celebrará do 4 a 8 de agosto en Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, subliña o compromiso do Executivo autonómico para que a cidade adquira cada vez máis protagonismo neste dobre Ano Santo baixo o paraugas do Xacobeo 21-22
A Xunta prevé que o xuízo do Alvia teña lugar na Cidade da Cultura no primeiro trimestre do vindeiro ano
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, avanzou hoxe que se estima unha elevada afluencia de avogados e procuradores, o que fai necesario que se leve a cabo nun recinto amplo