Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/07/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a importancia da Ruta de “O Cabaleiro das Cunchas” na difusión da tradición marítima xacobea

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe na presentación da XI edición desta cita de sete etapas náuticas na que participarán entre 12 e 15 embarcacións españolas e portuguesas do 31 de xullo ao 8 de agosto

23/07/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a contorna do centro de saúde de Arcade para uso da veciñanza e área de descanso dos peregrinos do Camiño Portugués

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda asinou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera o protocolo de acondicionamento da contorna do Centro de Saúde

23/07/21 | 09:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis dun millón de euros a equipamentos de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil

22/07/21 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia pecha a presidencia da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal co obxectivo cumprido de consolidar a Eurorrexión e desenvolver os seus recursos

A Eurorrexión captou da Unión Europea 163 millóns de euros para a posta en marcha de 85 proxectos, sendo a área máis beneficiada da fronteira hispano-lusa

22/07/21 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta engalana 37 tramos do Camiño de Santiago en vilas e cidades para darlle a benvida aos peregrinos

Xacobeo Benvida é unha iniciativa que busca implicar todo o territorio na celebración deste Ano Santo a través da colocación de bandeirolas en tramos peonís do Camiño

22/07/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Sober con diversas melloras na casa consistorial

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras levadas a cabo na casa consistorial ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público, cunha axuda de máis de 48.000 euros

21/07/21 | 21:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta reúnese coa hostalería e co ocio nocturno para explicarlles as novas medidas que se porán en marcha esta fin de semana

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse con representantes de ambos sectores para avaliar a nova situación epidemiolóxica en Galicia e como afecta aos seus negocios

21/07/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o Plan Galicia destino seguro 2021-2023 que mobilizará preto de 950 millóns para impulsar a recuperación dun sector centrado na calidade, a innovación e a sustentabilidade

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asegura que se trata da folla de ruta para “entre todos, seguir construíndo o futuro do turismo”