Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/07/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As forzas da orde extremarán a vixilancia esta fin de semana para evitar botellóns e vixiar o cumprimento das medidas de ocio nocturno

O vicepresidente primeiro pediu responsabilidade aos responsables dos establecementos e aos seus clientes e recordou que a participación nos botellóns implica multas de ata 300 euros por persoa

09/07/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta continúa a avanzar coa USC no traballo de análise das competencias autonómicas e municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu esta mañá a reunión do grupo de traballo creado no seo da comisión de seguimento do convenio asinado entre ambas entidades

09/07/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta firma un convenio con Bodegas Vivanco para que se sume á lista de patrocinadores do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceu a aposta da bodega polo Xacobeo e reafirmou os lazos que unen a Galicia coa Rioxa a través do Camiño

09/07/21 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o traballo pola inclusión de Cáritas en Pontevedra e anima á colaboración para o remate do novo albergue de San Javier

O delegado territorial visita as obras de construción do recinto, que contan cunha achega de 300.000€ da Xunta, e solicita o apoio das administracións e de toda a sociedade para rematar o inmoble

09/07/21 | 11:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 77.000 euros a executar obras de mellora no CEIP Rosalía de Castro, en Bóveda

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se reformaron estancias como a biblioteca e unha aula de infantil e proximamente renovaranse as instalacións da cociña

08/07/21 | 16:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A música emerxente toma a praia baionesa da Barbeira no marco do programa de “O teu Xacobeo”

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu hoxe a presentación do Barbeira Season Fest, no que os galegos Los Marcianos, Baiuca, Moura e Kings of the Beach compartirán escenario con Viva Suecia, unha das bandas máIs representativas do indie nacional

08/07/21 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias acompaña a saída dos instagrammers que ata o domingo percorrerán catro etapas do Camiño portugués

Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que suman 4 millóns de seguidores, partiron hoxe desde Redondela no marco da campaña da Xunta para divulgar o Camiño de Santiago entre a mocidade

08/07/21 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta concedeu 12 axudas na comarca de Santiago ao sector agrícola de máis de 180.000 € para impulsar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética

A Xunta ampliou este ano ata os 3,7 M€ as axudas para reducir os custos enerxéticos e para mellorar a competitividade deste tipo de explotacións

08/07/21 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta executa obras de mellora do firme en 11 quilómetros da estrada LU-653, que conecta A Pobra do Brollón e O Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 85.000 euros nos traballos para reforzar a seguridade viaria

08/07/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a renovación das cubertas do IES A Sangriña da Guarda cun investimento de 302.000€ para mellorar a confortabilidade educativa

O delegado territorial, Luis López, anuncia a adxudicación dos traballos, que se desenvolverán durante este verán e incluirán a renovación de 4.500 m2 dos teitos do instituto