Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

08/07/21 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao concello da Lama na adquisición dun vehículo para labores medioambientais e na mellora do saneamento do lugar de Laxedo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o municipio, que recibiu unha achega de máis de 85.000 euros para estas actuacións en favor do medio ambiente

08/07/21 | 11:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de renovación integral do firme e modernización do balizamento da estrada PO-212, Rodeiro-Agolada, nas que inviste 1,1 M€

O delegado territorial, Luis López, asistíu esta mañá ao comezo desta actuación, orientada ao reforzo da seguridade viaria e mellora da mobilidade, na saída do casco urbano de Rodeiro cos alcaldes Rubén Quintá e Luis Calvo

07/07/21 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta coordina o dispositivo de seguridade para os concertos de “O son do Camiño-Perseidas”

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse cos responsables da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña e con membros da organización do festival

07/07/21 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o equipamento da depuradora de Quiroga cun investimento de preto de 30.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou os traballos, que facilitan o control e medición das augas entrantes e tratadas

07/07/21 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta louva a iniciativa turística de Repsol para proporcionar o Camiño de Santiago a través das redes

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu ao Equipo Repsol Honda á súa chegada á praza do Obradoiro, onde a moto de Marc Márquez quedou exposta ata o mediodía para desfrute dos afeccionados

07/07/21 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O director xeral de Emerxecias e Interior participou hoxe na presentación da I Feira de Seguridade, Defensa e Emerxencias, Sedexpo 2022

Santiago Villanueva destacou que este certame se facía necesario na comunidade, xa que será un efectivo instrumento para seguir medrando como polo de atracción da inversións deste sector, no que Galicia é xa un referente

07/07/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanza un cento de stikers e gifs para divulgar o Xacobeo e o Camiño nas redes sociais

Ademais dos recursos dixitais que axudarán a narrar as experiencias dos camiñantes, os peregrinos poderán botar man de Cunchiña, a mascota do Xacobeo nas redes sociais

07/07/21 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea abordan a nova estratexia comunitaria para impulsar unha economía azul sostible

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou hoxe o sexto encontro do ciclo “FGE | Next Generation Galicia”, da Fundación Galicia Europa, no que destacou a importancia de fomentar a sostibilidade dos sectores económicos vencellados ao mar na Unión Europea e, especialmente, en Galicia