Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Camiño e o Xacobeo, a análise no curso de verán da Universidade da Coruña que se celebra hoxe en Noia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tomou parte nunha das mesas redondas da xornada na que se afondou no fenómeno da peregrinación e a súa evolución desde un punto de vista institucional
Feijóo agradece a Asturias e Cantabria a súa implicación no coidado e promoción do Camiño e insta á España “verde” a aproveitar a oportunidade histórica que supón o Xacobeo 21-22
Resalta a aposta que desde múltiples ámbitos está a facer Galicia para ofrecer un destino seguro, de calidade e sostible
Os concellos da comarca viguesa recibirán axudas da Xunta por case 524.000 € para promover a conciliación e loitar contra a violencia de xénero
A través destas concesións a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero dáse cobertura con estas axudas ao 89% da poboación galega
Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca de Santiago a 216 autónomos con axudas de máis de 495.000€
O delegado da Xunta destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses
A Xunta destina preto de 71.000 euros á contratación de 24 socorristas para as praias e piscinas de seis concellos da área territorial de Vigo
A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, destacou que o Executivo autonómico colabora coas entidades locais para garantir a vixilancia nestes espazos
Alfonso Rueda destaca a oportunidade do Xacobeo 21-22 para a reactivación do turismo e a economía
O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe por videoconferencia nunha reunión da Asociación Internacional para a Cooperación Turística, na que abordou o desenvolvemento do Xacobeo 21-22 en Galicia
Fernández-Tapias fai entrega á viguesa Discamino dun vehículo adaptado para cadeiras de rodas para o traslado dos usuarios nos percorridos do Camiño
A delegada territorial da Xunta en Vigo recorda que a Xunta impulsou a candidatura do seu fundador, Javier Pitillas, ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2021
Xunta e sector pactan abrir o ocio nocturno o 1 de xullo ata as 3 da mañá e revisarán as condicións cada 15 días
Poderán utilizarse as barras dos establecementos para pedir e servir consumicións, e as pistas de baile sempre que se respecte a distancia interpersoal
Feijóo salienta que a Xunta impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño
Resalta a aprobación do decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 21-22, despois da prórroga do Ano Santo
Arias afirma que Galicia "é líder en calidade turística e fiabilidade" grazas a medidas pioneiras como o seguro coronavirus
O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou o hotel balneario de Lugo, un dos establecementos lucenses distinguidos coa Q de Calidade que está adherido ao programa do Bono Turístico