Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/06/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará a 81 concellos da provincia de Ourense con programas e medidas de igualdade

Na provincia de Ourense, 81 concellos recibirán este ano o apoio da Xunta con un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero

24/06/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello da Guarda na reforma das dependencias municipais para mellorar a calidade dos servizos prestados aos cidadáns

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, a reforma na oficina de turismo e na do padrón e o novo equipamento do salón de actos e da sala de usos múltiples

24/06/21 | 10:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón acolle este sábado o IV encontro do ciclo “Xacobeo peregrinas”

Será a primeira destas xornadas multidisciplinares arredor da muller e o Camiño que contará coa presenza de público, grazas á mellora na incidencia do coronavirus

23/06/21 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto "Camiño de historias" impulsado no marco do programa “O teu Xacobeo” promociona as rutas xacobeas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na presentación da web audiovisual coa que se da a coñecer varios itinerarios a través de máis dun cento de vídeo-historias cos relatos sobre as experiencias dos peregrinos

23/06/21 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán

A Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico e queimaduras

23/06/21 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a remodelación integral do campo de fútbol das Lombas, en Catoira, financiada con 236.000 € do Fondo de Cooperación

O delegado territorial, Luis López, supervisou hoxe esta actuación, que consistiu na substitución de todo o céspede artificial, o cambio da cuberta da bancada, a mellora do illamento térmico dos vestiarios e diversas obras na fontanaría, portas e accesibilidade

23/06/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un selo garantirá aos viaxeiros que durman en algún aloxamento turístico galego que están cubertos polo seguro coronavirus

O vicepresidente primeiro recordou que se trata dunha medida pioneira que está a ser imitada noutras comunidades autónomas

23/06/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao subcampión do mundo en 4x100 metros lisos

O delegado territorial Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados

23/06/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima ás asociacións para a protección dos animais de compañía a solicitar a nova orde de axudas de 210.000€ para sufragar os seus gastos

O delegado da Xunta participou esta mañá nunha reunión de traballo cos representantes destas entidades para informar desta nova convocatoria

23/06/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Anxo M. Lorenzo salienta o impacto da figura de Pérez Lugín e da Casa da Troia na literatura e na novela estudantina

O secretario xeral de Cultura participou na inauguración da mostra ‘Lugín en Compostela. 150 anos do seu nacemento’ no Museo da Casa da Troia co que a Xunta de Galicia vén de renovar a súa colaboración anual