Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

19/06/21 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o crecemento do Camiño Inglés que xa é a terceira opción máis elixida polos peregrinos

O delegado da Xunta participou na inauguración da cuarta edición da Primaveira no Camiño Inglés que se celebra hoxe na praza de Armas de Ferrol organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés

19/06/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil coa entrega de 8 vehículos todocamiño

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste material cedido aos concellos de Carballo, Arteixo, Fene, Allariz, Vilar de Barrio, Cuntis, Vilanova de Arousa e á Mancomunidade do Ribeiro

18/06/21 | 20:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de medio cento de entidades privadas galegas reciben formación da Fundación Galicia Europa en financiamento europeo

A directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, clausurou a primeira de edición para empresas do curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

18/06/21 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o Plan Nacional Xacobeo, pero lamenta que o Goberno central invista menos do que o Goberno galego destina só para Galicia

Bota en falta que non se tiveran en conta as súas alegacións e que as actuacións, que nalgún caso chegarán tarde, non se coordinasen coa Administración autonómica

18/06/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convocará un concurso de ideas para definir o proxecto da nova sede do Imelga en Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno galego está a elaborar un convenio no marco da colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

17/06/21 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o potencial do alumnado do CEIP o Sello no marco da I Feira Tecnolóxica

A delegada territorial da Xunta en Vigo tivo a oportunidade de coñecer os traballos realizados durante o curso e os avances en robótica ou programación con Scratch

17/06/21 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda agradece a Corea do Sur a súa aposta polo Camiño de Santiago e invita os seus cidadáns a desfrutar dos atractivos turísticos de Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta participou en Barcelona nun foro sobre turismo entre España e a República de Corea, sétimo país no mundo que aporta máis peregrinos ás rutas xacobeas

17/06/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha nova convocatoria de 4 M€ en axudas directas para apoiar aos establecementos de ocio nocturno e minimizar o impacto do peche continuado

Feijóo salienta que os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas desde 7.500 € ata un máximo de 35.000 €

17/06/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes