Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a dotación de equipamento do novo GES da Veiga coa entrega dun camión destinado a todo tipo de emerxencias
O investimento no funcionamento dos GES acada os 4,8 millóns este ano, aos que se suma o apoio en equipamento que nos últimos anos supuxo case 20 millóns de euros cedidos aos concellos galegos
Gabriel Alén pon en valor os programas da Residencia de Tempo Libre do Carballiño
O delegado territorial sinalou que os usuarios do complexo ourensán poderán combinar a súa estadía en pensión completa con actividades lúdicas programadas pola propia residencia con visitas turísticas e culturais
A Xunta apoia ao concello de Vilasantar na creación dun novo parque infantil para reforzar a oferta de lecer do municipio
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a nova área de xogo que permite concentrar varias actividades para os máis pequenos no mesmo entorno xunto coa piscina municipal e a pista polideportiva
A Xunta destaca o papel da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no fomento da cooperación en ámbitos como a cultura, o turismo ou a innovación
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, explicou no Parlamento galego que a AECT foi a encargada de elaborar o Plan de Investimentos conxuntos de ambas rexións de cara á captación de fondos europeos no período 2021-2027
A Xunta activa unha alerta laranxa por tormentas e choiva nas provincias de Ourense e Lugo
A partir das 12 horas de hoxe, activase a alerta de nivel laranxa no centro, montaña e sur da provincia de Lugo e no sur, montaña e nas zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense
Gabriel Alén sinala ao sector do viño en Galicia como un sector estratéxico que exerce un efecto tractor na economía do rural
O delegado territorial puxo en valor liñas de axuda e programas de apoio ao sector como o Préstamo vendima ou a entrada dos viños galegos con denominación de orixe na canle da alimentación ao abeiro da rede Mercaproximidade
A Xunta reabre hoxe a metade de albergues da rede pública, cinco deles no Camiño Francés
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, na que destacou a implicación desta entidade na promoción da ruta máis transitada polos peregrinos
A Comisión Galega de Protección Civil aproba por unanimidade a revisión do Plan de salvamento en praias de Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron na reunión na que se actualizou este plan que fixa a coordinación ante emerxencias dos servizos de prevención e emerxencias
A Xunta activa o convenio de emerxencias con UNICEF para a posta en marcha dunha intervención para os nenos e nenas de Siria
UNICEF traballa para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos e nenas en calquera situación de emerxencia e crises humanitarias, con presenza en 190 países