Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

14/06/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta crea un itinerario peonil accesible para equipos de emerxencias e mellora a sinalización das Torres do Oeste de Catoira

O delegado territorial, Luis López, supervisa esta actuación, orientada a garantir a seguridade deste Ben de Interese Cultural, xunto ao alcalde, Alberto García

14/06/21 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina coa Deputación da Coruña o convenio para cofinanciar a Tarxeta do Bono Turístico #QuedamosEnGalicia

A colaboración dos organismos provinciais da Coruña e de Ourense, xunto co remanente do bono do 2020, permitirá incrementar en 1,4M€ o orzamento do programa ata acadar os 7,5M€, mobilizados co obxectivo de chegar a máis beneficiarios

13/06/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia dos eventos deportivos para promocionar Galicia como destino turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á IV edición da ‘Ourense Strade Termal doby Ridley’ que contou coa participación de 300 cicloturistas que atravesaron o Parque Nacional do Xurés-Geres

12/06/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Trofeo Xacobeo 2021 reunirá en Pontevedra a máis de 1500 piragüistas na súa primeira edición internacional

A iniciativa impulsada pola Federación Galega de Piragüismo terá lugar o vindeiro 19 de xuño na capital do Lérez

12/06/21 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa na posta en marcha do programa "Bolboretas rosas" de entrenamento con ximnasia e remo para persoas con cancro de mama

A iniciativa está organizada polo traumatólogo, Rafael Arriaza e pola cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC e conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte

11/06/21 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza coa Universidade de Santiago na análise das competencias autonómicas e locais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu esta mañá a reunión do grupo de traballo creado no seo da comisión de seguimento do convenio asinado hai uns meses entre ambas entidades

11/06/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O edificio da Xunta en Pontevedra acolle a mostra 'Fazendo camiño' sobre o espazo Xacobeo entre o Norte de Portugal e Galicia

O delegado territorial, Luis López, asiste á apertura da exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 11 de xullo e posteriormente instalarase na Área Panorámica de Tui

11/06/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora 7 centros educativos da provincia de Ourense ao Programa de libro dixital E-Dixgal

Gabriel Alén tamén informou que amplían a súa participación a 3º e 4º da ESO na provincia os centros CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, o CPR Plurilingüe Santo Ángel de Ourense, o IES O Ribeiro de Ribadavia, o IES Cosme López Rodríguez de A Rúa e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo

11/06/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o concello de Nigrán na compra dunha furgoneta eléctrica para labores medioambientais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, valorou hoxe os esforzos da Administración Local por unha xestión sostible e respectuosa co medio ambiente