Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/06/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede 280.000€ ao Concello da Lama para a mellora viaria e de sinalización do polígono industrial de Racelo e para a creación dun viveiro de empresas

O delegado territorial, Luis López, anuncia esta nova achega, que financia o 80% dos 350.000€ de investimento, nunha visita ao parque empresarial xunto ao alcalde, Jorge Canda

07/06/21 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 120.000 € no polígono industrial de Val do Dubra para a construción dunha planta de depuración de augas residuais

Esta actuación inclúese dentro da orde de axudas para a mellora dos parques empresariais que ten por obxectivo potenciar a competitividade das empresas

07/06/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede novos carnés de voluntarios de Protección Civil ás agrupacións de Moaña, Redondela, O Porriño e Soutomaior

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou as acreditacións no marco do proceso de regularización e en presenza dos alcaldes Agustín Reguera e Digna Rivas e os concelleiros Sergio Casal e Coral Ríos

07/06/21 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 250 lucenses menores de 21 anos adquiriron a tarxeta Xente Nova na primeira semana dende que se estendeu o seu uso a toda Galicia, coa que viaxan gratis nos autobuses da Xunta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que está dirixida aos menores de 21 anos e que na provincia poden adquirirse en máis dunha vintena de oficinas de Abanca

07/06/21 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a nova oferta de turismo activo e de natureza en Manzaneda contribuirá a desestacionalizar a oferta turística da estación

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación das actividades de turismo activo e deporte que acollerá a estación de montaña desde esta fin de semana, que se suman ao bike park que abriu o 29 de maio

06/06/21 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en marcha unha unidade móbil para promover o Xacobeo en dez cidades españolas e dúas portuguesas

Un camión personalizado con temática xacobea e a oferta turística galega comezou en Asturias unha xira promocional por doce cidades que rematará o día 29 en Braga

05/06/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a aposta pola excelencia e a calidade da formación do Centro Superior de Hostalería de Galicia no seu acto de gradación

O vicepresidente primeiro da Xunta presidiu o acto no que recibiron o Diploma Superior en Xestión Hoteleira 47 alumnos e se entregaron 16 de Gastronomía e Xestión en Cociña

05/06/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda acompaña a Juan Antonio Corbalán na súa ponencia no “I congreso Mundial Xacobeo” sobre a vinculación entre o Camiño de Santiago e a saúde

O vicepresidente primeiro da Xunta agradeceu a implicación do ex-xogador de baloncesto e médico co Camiño e sinalou que facer calquera das rutas é unha actividade deportiva segura con moitos beneficios para a saúde

05/06/21 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca a forte aposta da Xunta na Ribeira Sacra coa inversión de 850.000 euros do plan de sustentabilidade turística da zona

O delegado da Xunta en Lugo abriu a Xornada de Mobilidade Sostible na Ribeira Sacra, organizada polo Consorcio de Turismo

05/06/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Oito de cada dez establecementos hostaleiros da cidade de Vigo recibiron axudas directas nos dous primeiros plans de rescate da Xunta por valor de preto de 8 millóns de euros

O 1º e o 2º plans de rescate promovidos pola Xunta inxectaron á hostalaría da área viguesa 12,9 millóns de euros, atendendo a un total de 5.914 solicitudes