Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/06/21 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou máis de 1,2 M€ a 189 restaurantes e cafeterías da comarca da Coruña para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

O Goberno galego achega 11M€ a nivel autonómico para esta liña de axudas que permite adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas

04/06/21 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Movistar+ promoven o Camiño de Santiago nunha serie documental da man do escritor Javier Sierra

O programa arrancará o 7 de xuño e versará sobre os mitos, lendas e misterios das rutas xacobeas

04/06/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta finaliza as obras de construción do novo centro de saúde do Saviñao, ás que destinou 1,1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que trala recepción do edificio, só resta realizar os axustes da instalación eléctrica e as conexións informáticas para poder iniciar o proceso de posta en marcha

04/06/21 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta outorga o terceiro selo de Galicia Calidade ao hotel de Santiago de Compostela 'O xardín de Julia'

Trátase da terceira certificación que recibe o grupo O Curro Bed&Food, tras os recoñecementos ao Hotel Pazo de Altamira e o restaurante Curro da Parra

04/06/21 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e Ramón Conde presentan “Acordo Xusto”, a obra do escultor que coroará a praza pública da Cidade da Xustiza

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o artista mostran unha recreación do tótem que deberá estar finalizado antes de que rematen as obras da infraestrutura xudicial

04/06/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a adquisición dun novo vehículo para o servizo municipal de emerxencias e de protección civil de Ribeira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o concello, ao que leva destinados máis de 910.700 euros a través de distintas liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira

04/06/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta o cartel de “O Son do Camiño-Perseidas” que reunirá no Monte do Gozo entre o 14 xullo e o 8 de agosto a 18 artistas nacionais e internacionais

Galicia volverá converterse neste verán referente musical cun novo formato de concertos adaptado á situación derivada da pandemia da covid-19

04/06/21 | 10:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por preto de 200.000 euros o contrato para actualizar o proxecto que completará a Rolda Leste de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se realizarán as adaptacións precisas, normativas e de trazado, para pechar o anel de circunvalación entre as estradas N-VI e N-640

03/06/21 | 18:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita a redacción do Plan Director do Monumento de Santa Eulalia de Bóveda para avanzar na súa posta en valor

O documento, que sae a contratación por 122.400 euros, sentará as bases para definir as liñas de actuación de cara á súa conservación e uso