Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

27/05/21 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita hoxe en 563.000 euros as obras de reforma dos colexios de Cervantes e a Pobra de Brollón

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se acometerán en ambos centros traballos de incremento da eficiencia enerxética, renovacións de aseos e mellora de pintura e acabados, entre outros

27/05/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza nas obras de construción da nova senda peonil e ciclista na PO-551 entre Bagüín e Seixo, no concello de Marín, para tela rematada a comezos de 2022

O delegado territorial, Luis López, e a alcaldesa María Ramallo supervisan a actuación, que comezou a finais de abril e na que se invisten preto de 700.000€

27/05/21 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita hoxe as obras de rehabilitación integral do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, ás que destina 545.600 €

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a intervención mellorará a eficiencia enerxética e o confort do centro

27/05/21 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea debaten sobre a posta en marcha do pacto verde no ciclo de encontros da Fundación Galicia Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou esta semana o ciclo de encontros virtuais” FGE, Next Generation Galicia”, no que destacou o papel dos entes rexionais na posta en marcha e avaliación das iniciativas contempladas no Pacto Verde

27/05/21 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca o liderado nacional en calidade turística de Galicia que en 2020 chegou ao seu máximo histórico en certificacións Q

A directora de Turismo de Galicia compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta da evolución do noso territorio no camiño da excelencia turística

27/05/21 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo solicita ao IGVS o inicio da selección dos candidatos para as catro vivendas de Berbés 29

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca que é unha das maiores rehabilitacións acometidas; 795,70 metros cadrados

26/05/21 | 17:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 650.000€ en axudas a 86 establecementos de hostalaría das bisbarras de Pontevedra e Caldas para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio

O delegado territorial, Luis López, informou destas achegas, orientadas a dar a máxima seguridade sanitaria e favorecer o impulso do sector, nunha visita realizada este mediodía a El Cafetín de Pontevedra

26/05/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reclama ao Goberno central que cumpra o seu compromiso e apoie cun investimento claro o Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou hoxe no Parlamento galego que o Ministerio de Turismo só anunciou o Plan Nacional do Xacobeo, sen concretar orzamento nin actuacións

26/05/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Once empresas optan á obra de mellora do albergue de peregrinos de Pontevedra

O proxecto está destinado a acondicionar, renovar e modernizar as instalacións deste albergue para presentar unha oferta de calidade e de sustentatibilidade e ter todo preparado para recibir aos peregrinos