Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

26/05/21 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta esixe ao Goberno central certezas e garantías xurídicas para asegurar o mantemento do emprego de Ence en Pontevedra

O vicepresidente primeiro lamentou no Parlamento de Galicia que o Executivo central non teña nin unha solución á crise nin unha folla de ruta que garanta o futuro da actividade

26/05/21 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o Bono Activa Comercio como instrumento dinamizador do sector, con preto de 14.000 beneficiarios na área de Vigo

A delegada territorial en Vigo sinalou, nunha visita aos establecementos comerciais da zona de Centro Príncipe, que xa son 547 os establecementos adheridos na comarca

26/05/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa o inicio das obras de eliminación do treito de concentración de accidentes na PO-551 en Domaio, no concello de Moaña

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinalou que o obxectivo é ter rematados os traballos a finais deste ano tras un investimento de máis de 490.000 €

26/05/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Activada a Credencial Dixital do Peregrino que permitirá aos peregrinos selar a compostela mediante códigos QR

A medida encádrase no marco da dixitalización que está a desenvolver a Oficina do Peregrino

26/05/21 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a colaboración mantida coa ONG Entreculturas nos últimos anos nos que recibiron mais de 3 M€ do Goberno galego

Entreculturas é unha organización non gobernamental de cooperación para o desenvolvemento especializada na educación e o desenvolvemento dos pobos

26/05/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa este domingo o programa turístico ‘Elixe Galicia’ para a mocidade, pensionistas e familias coa participación dunha decena de establecementos do Salnés

O delegado territorial, Luis López, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, presentan a iniciativa no porto do Grove na compaña do alcalde, José Cacabelos, e dos xerentes dos hoteis Montemar, Villa Juanita e La Noyesa

25/05/21 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor as actuacións para a mellora do trazado e a acollida no Camiño Portugués

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofreceu o relatorio “O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador”, no Foro do Camiño Portugués organizado polo concello de Tui

25/05/21 | 18:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa no foro de debate sobre a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal

O director da AECT Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, moderou o encontro no que tamén participou a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Luisa Boquete

25/05/21 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As obras da Cidade da Xustiza chegan aos 260 traballadores diarios en quendas das 07,00 ás 23,00 horas

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañou ao presidente da Audiencia Provincial pontevedresa, Javier Menéndez, e a un grupo de maxistrados das súas 2 seccións na visita ao edificio que unificará os órganos xudiciais da cidade

25/05/21 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conversión en autovía da vía Nadela-Sarria obrigan a realizar cortes puntuais de tráfico tres días á semana

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se viñan producindo os martes e xoves e agora se amplían tamén ao mércores, en todos os casos entre as 13.00 e as 15.00 horas