Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo destaca o patrocinio do Xacobeo aos deportistas galegos, que levarán a marca Galicia e os valores do Ano Santo por todo o mundo
Precisa que o acordo abrangue equipos de alta competición e a promoción de eventos e campionatos de ámbito internacional neste 2021 e no 2022
Luis López pon en valor a recuperación das probas de motor na provincia coa celebración do III Rallye de Pontevedra no mes de xuño
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra asiste á presentación da proba, organizada pola Escudería Congostra Team, no Real Clube Náutico de Sanxenxo xunto ao alcalde, Telmo Martín
A Xunta e o Clúster de Turismo ofrecerán co Carné Xove un 10% de desconto en medio cento de establecementos hostaleiros de Galicia
O Goberno galego está a enviar o Carné Xove, que xa é gratuíto e indefinido, ao 100% das mozas e mozos de entre 12 e 30 anos
A Xunta e as farmacias lucenses, unidas na detección de casos covid
O Colexio de Farmacéuticos de Lugo asinou un convenio con Sanidade e co Sergas para a realización de test PCR de saliva gratuítas, que permitan detectar casos da Covid
A Xunta organiza en Taboada a vindeira semana un simulacro de incendio forestal para ultimar a preparación do dispositivo de emerxencias
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na reunión previa de coordinación con representantes das distintas administracións e dos corpos e forzas de seguridade
Galicia sitúase como a terceira mellor comunidade no ritmo de recuperación da demanda turística
No acumulado do ano a recuperación da demanda turística na comunidade galega foi mellor ca media nacional cun descenso 34 puntos inferior á media nacional
O albergue de Vigo levará o nome de Juan Manuel López-Chaves, un dos artífices do recoñecemento internacional do Camiño de Santiago
O vicepresidente primeiro valorou o traballo do fundador e presidente de honor da Asociación dos Amigos dos Pazos para impulsar e difundir o Camiño Portugués e, especialmente, o Camiño Portugués da Costa, que pasa por Vigo
A Xunta organiza en Mugardos un simulacro de incendio forestal para ensaiar o sistema operativo de emerxencias na provincia da Coruña
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá no simulacro de “Activación da situación 2” na provincia coruñesa por un incendio forestal en Mugardos
A Xunta abre a inscrición do primeiro curso de especialización en financiamento comunitario TecEuropa destinado a entidades privadas
En cinco sesións entre o 8 e o 18 de xuño, os asistentes coñecerán o Plan de Recuperación para Europa e as políticas europeas que máis lles afectan como o Pacto Verde ou a Estratexia Europea para pemes