Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/05/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda lembra que Galicia está preparada para acoller aos peregrinos neste Xacobeo 21-22 nun destino e nuns Camiños seguros

O vicepresidente primeiro da Xunta percorreu hoxe co triatleta Javier Gómez Noya e unha vintena de afeccionados, onde estaba tamén Oscar Pereiro, o tramo do Camiño de Santiago entre Arzúa e a catedral compostelá

22/05/21 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Os concertos, festivais e verbenas poderán volver a celebrarse con aforos de ata 10.000 persoas en función do recinto

A Xunta traballa en medidas sanitarias e organizativas que permitan retomar os eventos musicais de xeito seguro con capacidades de entre 1.000 persoas de pé e 5.000 sentadas que poderán chegar ata os 10.000 nalgúns casos

21/05/21 | 18:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 500 persoas participaron nas probas teóricas para optar ás 104 prazas de auxiliares de Policía Local en 27 concellos

O exame tipo test e a proba de coñecemento de lingua galega tiveron lugar hoxe no Recinto Feiral de Silleda

21/05/21 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita en Fitur 2021 a subirse aos trens turísticos para coñecer Galicia a través de 11 rutas repletas de atractivos

O vicepresidente primeiro animou a desfrutar dunha experiencia “segura e tranquila” adaptada aos novos tempos

21/05/21 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur 2021 a guía “Paseos que namoran”, unha escolla de 80 itinerarios polos mellores recunchos galegos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, animou a desfrutar de andainas que van do campo ao mar e dos xardíns urbanos ás fervenzas dos ríos

21/05/21 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O stand de Galicia rexistra o maior número de actividades en Fitur e esperta o interese dos operadores presentes na feira

No pavillón galego celebráronse preto dun centenar de reunións profesionais e contactos con operadores de todo o mundo

21/05/21 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia revalida o seu posto como a segunda comunidade con máis distintivos que a consolidan como un destino turístico de calidade

O ICTE entregou en Fitur as Q de Calidade Turística deste ano, das que case 300 corresponden á comunidade galega

21/05/21 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo estrea sede en Ferrería 45

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, informa que o novo local está xa operativo no barrio histórico

21/05/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur o percorrido de la Vuelta 21 en Galicia nunha edición especial que remata no Obradoiro neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a competición converterase nun escaparate perfecto para dar a coñecer a comunidade como destino turístico a nivel internacional neste Ano Santo Dobre

21/05/21 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta en Ourense felicita aos responsables do ‘Xeodestino Celanova - Serra do Xurés’ por poñer en marcha o Geocaching

Gabriel Alén adiantou que as accións que contemplará o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para este ano 2021, tralo consenso dos alcaldes na reunión do pasado 8 de abril en Celanova vai por bo camiño