Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia traspasa a Cantabria a coordinación da marca turística España Verde no marco da celebración de Fitur 2021
Asinouse un protocolo para levar adiante actuacións conxuntas en colaboración con Turespaña que permitan realizar promocións conxuntas e comercialización de produtos comúns que axuden na recuperación do sector
Galicia aborda con outras rexións en Bruxelas a posta en marcha do Plan Europeo de Loita contra o Cancro
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia durante reunión da comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións
A Xunta aposta pola reactivación do sector das feiras coa presentación de Turexpo 2021 en Fitur
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que ademais este ano a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, chega á súa 43ª edición
A Xunta aposta pola reactivación do turismo termal do que destaca a calidade da súa oferta e a súa capacidade de desestacionalización
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe na presentación da 20 edición da Feira Internacional de Turismo, Termal, Saúde e Benestar Termatalia que acollerá Expourense o 16 e o 17 de setembro
A Xunta solicita o apoio do Goberno central ao Xacobeo e reivindica Galicia como destino seguro
Galicia participou no pleno do Consejo Español de Turismo (Conestur) que se celebrou esta mañá en Fitur 2021
A Xunta pon en valor o Programa Camiño Seguro perante as comunidades autónomas polas que discorren as rutas xacobeas
O vicepresidente primeiro presidiu en Fitur 2021 un encontro con representantes dos territorios do Estado que contan con tramos do Camiño
A Xunta reafirma en Fitur 2021 o seu apoio á hostalería lucense e salienta o esforzo do sector para avanzar na recuperación
O vicepresidente primeiro recordou que Galicia está preparada para a reactivación económica da man do Xacobeo e do turismo de calidade
Emigración e Xacobeo reciben ás seis ciclistas do clube 'Una a una' de Oviedo que percorreron o Camiño de Santiago para visibilizar o cancro de mama
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora de Competitividade da Axencia de Turismo agardáronas na praza do Obradoiro
A Xunta activa vinte campamentos e campos de voluntariado na provincia de Pontevedra na campaña xuvenil de verán 2021
A Consellería de Política Social abre a inscrición dende a xornada de hoxe cunha oferta global en toda a comunidade de case 8.000 prazas, das que 1.600 están na provincia, tras un incremento do 15% respecto ao ano anterior