Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

14/05/21 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Fundación Traslatio alíanse para a promoción internacional do Xacobeo a través da Ruta Iaobus Maris 2022

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama, firmaron hoxe un convenio polo que o Goberno autonómico apoia a cita que se celebrará o próximo ano

14/05/21 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta ensaiará a reapertura do ocio nocturno para cando se dean as circunstancias, cun 50% de ocupación dos locais, controis de acceso e rexistro de clientes

A proba farase o 12 de xuño en dúas discotecas e catro pubs de concellos con niveis de restricións medio-baixo, e nas discotecas accederase con invitación e PCR negativa

14/05/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Turismo e Cultura estreitan a súa colaboración para reactivar a programación do Xacobeo 21-22 baixo protocolos de seguridade

Turismo de Galicia contribúe con 5,3M€ a unha vintena de proxectos que desenvolverá a área de Cultura cunha oferta atractiva por toda a Comunidade

14/05/21 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amosa á fiscal xefe da área de Vigo o desenvolvemento das obras da Cidade da Xustiza coa que culminará o plan de infraestruturas xudiciais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron esta mañá o edificio xunto a un grupo de fiscais

14/05/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 55.000 euros gastos de funcionamento de 33 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as achegas que veñen de publicarse complementan a outra orde de axudas anual a través da que o Goberno galego dota de equipamento de emerxencias ás AVPC

14/05/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Monterrei no equipamento da Casa Consistorial e na mellora dun inmoble de uso social en San Cristovo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe os traballos realizados no edificio ao abeiro dunha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público

14/05/21 | 10:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O edificio administrativo da Xunta en Pontevedra acolle a mostra 'Aquela nena de Sarria' no marco dos actos das Letras Galegas na honra de Xela Arias

O delegado territorial da Xunta, Luis López, visita a exposición, instalada na zona de acceso, e convida a todos os pontevedreses a contemplala para coñecer a vida e obra da escritora e poetisa lucense

13/05/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora a divulgación da antropoloxía galega na mostra “O traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo”

O vicepresidente primeiro participou na clausura da mostra, que conta cunha achega do programa O Teu Xacobeo

13/05/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento do servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo cun novo camión para intervir en zonas de difícil acceso

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe dun vehículo bomba rural lixeira destinado a intervencións en incendios e labores de salvamento

12/05/21 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o esforzo da hostalería na implantación dos códigos QR para garantir as medidas sanitarias e a seguridade dos clientes

Máis de 15.500 establecementos realizaron máis de 56.000 declaracións de capacidade desde que se puxo en marcha o Plan de Hostalería Segura