Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

12/05/21 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e a alcaldesa de Salceda de Caselas acordan buscarlle encaixe urbanístico á ampliación do IES Pedras Rubias

A delegada territorial en Vigo mantivo hoxe un encontro con Dolores Castiñeira para explicarlle o proxecto no que a Xunta ten previsto investir 1,5 millóns de euros

12/05/21 | 16:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dez colexios da provincia de Pontevedra acollerán o programa piloto “Vexo, veo Xacobeo” para difundir os valores e patrimonio do Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia e o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, presentaron o proxecto, que se desenvolverá entre o 19 de maio e o 17 de xuño e chegará a preto de 250 cativos.

12/05/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o apoio da Xunta á confraría de pescadores San Xulián da Illa de Arousa e pon en valor as melloras de modernización da lonxa

O delegado territorial visita as instalacións da entidade, unha das máis importantes de Galicia con máis de 900 socios, na compaña do patrón maior, Juan José Rial Millán, e do alcalde, Carlos Iglesias

12/05/21 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reformará o centro de saúde da Arnoia para mellorar a súa funcionalidade e accesibilidade

A Consellería de Sanidade investirá 92.775 euros nas obras que se veñen de licitar hoxe

12/05/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 464.000€ na substitución da cuberta e das carpinterías do CPI dos Dices de Rois para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

12/05/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos cidadáns a importancia de avisar ao teléfono 012 da presenza de niños de vespa velutina para frear o seu avance

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, abordou hoxe o plan de loita da Xunta contra esta especie nunha webinar organizada pola Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental

12/05/21 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 850 persoas participarán esta fin de semana nas probas físicas para optar ás 104 prazas de auxiliares de Policía Local en 27 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva de persoas admitidas e as exentas da proba de coñecementos de lingua galega

12/05/21 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a licitación por 209.700 euros das obras de ampliación do viario de acceso e o aparcamento do CRAPD Vigo II

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que con esta actuación preténdese mellorar a seguridade de entrada e saída ao complexo, aumentar a capacidade actual do aparcadoiro e adecuar os espazos exteriores para actividades grupais

12/05/21 | 11:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 77.100 galegos xa descargaron o Bono Activa Comercio da Xunta, que conta con máis de 550 establecementos adheridos na comarca da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou nunha reunión cos representantes de Acocem