Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/05/21 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima á xuventude a participar no deseño da UE do futuro no acto de celebración polo Día de Europa

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración desta conmemoración e referiuse á Conferencia sobre o Futuro de Europa como unha oportunidade única, para que a xuventude poida participar no deseño da Unión Europea do futuro

10/05/21 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As Policías Locais de Galicia recoñecen o labor de Santiago Villanueva na loita contra a pandemia e a colaboración cos corpos policiais municipais

O director xeral de Emerxencias e Interior recibiu a medalla Covid-19 da Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (Axempol)

10/05/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 24,4 M€ á conservación e á vialidade invernal da rede viaria autonómica da provincia de Ourense nos vindeiros 4 anos

O delegado territorial salientou que o obxectivo da Administración galega é garantir a seguridade nos máis 1.000 quilómetros das 108 estradas autonómicas da provincia de Ourense

10/05/21 | 11:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel das novas tecnoloxías para reactivar o turismo de congresos con eventos virtuais

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, da delegada territorial da Xunta en Vigo, e do presidente do Clúster Turismo de Galicia, participou na presentación de Fevir Galicia

09/05/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por 1M€ o subministro de mobiliario para os xulgados galegos, incluída a Cidade da Xustiza de Vigo

O Goberno galego dotará aos órganos xudiciais da comunidade do equipamento necesario para levar a cabo as súas funcións

09/05/21 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de aceleración de Turislab comeza coa formación das 15 startups seleccionadas na primeira fase

O programa de formación na fase Pre-Academia durará ata o 4 de xuño e servirá para escoller aos 10 finalistas que optarán a fase de investimento

08/05/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presentará en Fitur a Galicia como destino seguro e ao Xacobeo como valor turístico engadido

Presentará a súa oferta nun stand de mil metros cadrados que contará, entre outros atractivos, cunha simulación do Camiño de Santiago e cun botafumeiro de prata en tamaño real

08/05/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 113.000 € os gastos de funcionamento das 61 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña

O DOG publicou onte a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de agrupacións dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes