Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

17/04/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

"O teu Xacobeo" fai inventario das casas reitorais nas parroquias galegas do Camiño portugués e do Camiño Portugués pola costa

A delegada territorial presentou hoxe iniciativa, que conta cunha achega de 25.000 euros no marco deste programa que está a mobilizar preto de 8 millóns de euros

17/04/21 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca en Silleda a aposta global da Xunta pola mellora, a promoción, a dinamización e o embelecemento da Vía da Prata e do Camiño de Inverno no marco do dobre Ano Santo

O delegado territorial asiste á inauguración da mostra de pintura coa que remata a actividade sociocultural ‘Trasdeza Pinta o Camiño’, financiada pola Vicepresidencia primeira ao abeiro do programa ‘O Teu Xacobeo’

17/04/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o proceso de adxudicación de 24 vivendas de promoción pública en Chantada, no concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, sinala que as vivendas que se constrúen na rúa Canicouva poranse a disposición das familias da cidade, tras investir 3,4 millóns de euros

17/04/21 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 424.000 euros para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba de Bande

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitaron hoxe o edificio no que se levarán a cabo as actuacións de acondicionamento para poñer en valor a contorna da igrexa de San Trocado e fomentar o turismo cultural

16/04/21 | 20:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recorda que o cumprimento das medidas sanitarias permitirá aos galegos seguir avanzando na desescalada e na mobilidade

O vicepresidente primeiro comprobou en Casa Román (Pontevedra) a aplicación das normas necesarias para a ampliación dos horarios na restauración

16/04/21 | 18:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López fai un chamamento á “participación masiva” da veciñanza no cribado de detección da covid-19 en Vilanova para detectar asintomáticos e frear o incremento dos contaxios

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde, Gonzalo Durán, acude ao pavillón multiusos para supervisar a primeira xornada destas probas, programadas ata o domingo con 2.400 veciños citados

16/04/21 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica identifica aos responsables da captura de 143 troitas en ríos da provincia da Coruña tras difundir os autores un vídeo dos feitos nas redes sociais

Os axentes impuxeron proposta de sanción as dúas persoas responsables da captura debido a que a maioría dos exemplares non acadaban o talle mínimo esixido pola normativa

16/04/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima aos veciños a solicitar as axudas para corrixir os impactos urbanísticos e destaca a importancia da colaboración dos concellos na xestión administrativa

O delegado da Xunta informou que este programa conta cun orzamento dun millón de euros e prevé apoiar 300 intervencións

16/04/21 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba sete axudas na comarca da Coruña para impulsar a comercialización dixital do sector artesá

Os beneficiarios pertencen aos concellos da Coruña, Bergondo, Cambre e Oza dos Ríos e as achegas ascenderon a case 50.000 euros en total

15/04/21 | 19:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta planifica co sector do ocio nocturno o proceso de desescalada cando a situación sanitaria o permita

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe nunha reunión con representantes do sector na que se abordou a posibilidade de reapertura se a evolución dos datos da covid-19 sigue mellorando