Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

14/04/21 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o éxito do bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia tras esgotarse as tarxetas en só unhas horas

Houbo un aluvión de solicitudes nada máis abrirse a convocatoria, con 150 peticións cada cinco minutos ao longo da noite

14/04/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias gaba a iniciativa de promoción turística conxunta impulsada polos concellos do Vicedo e Portomarín

O delegado territorial da Xunta en Lugo e o secretario xeral de Política Lingüística asistiron á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que anima a visitar o concello do Camiño Francés, onde outro sino invita a facer a viaxe á inversa

14/04/21 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén anima aos veciños a solicitar as axudas dos programas de mellora de eficiencia enerxética e de accesibilidade a vivendas

O delegado territorial salientou que a Xunta puxo en marcha de novo este ano o programa de axudas para facilitar a propietarios e empresas construtoras financiamento para executar obras para a conservación, a mellora da seguridade e a accesibilidade de vivendas

14/04/21 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias pon o foco nas políticas en materia de vivenda, cunha especial atención ás axudas para o pago do alugueiro

A delegada territorial da Xunta destaca o esforzo que realizará o Goberno galego mobilizando preto de 10 millóns de euros en axudas a particulares para o alugueiro

14/04/21 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola dinamización da vida local co apoio ao funcionamento das entidades veciñais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron hoxe as actuacións levadas a cabo na cuberta e na mellora da accesibilidade e de seguridade do local da asociación de veciños Santo Anxo de Lourido

14/04/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa Catedral na reapertura das visitas desde hoxe ao Pórtico da Gloria

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez participaron hoxe na presentación do programa de visitas gratuítas, que se retoman con aforo limitado e reserva previa despois da cancelación pola covid-19

14/04/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dez concellos de Pontevedra, Caldas e O Salnés poden beneficiarse das axudas da Xunta para abastecemento, saneamento e depuración para municipios de menos de 5.000 habitantes

O delegado territorial, Luis López, informa desta liña, que concederá ata 50.000€ por obras de subministro e outro tanto polas de saneamento, nunha visita ao Concello de Pontecesures xunto ao alcalde, Manuel Vidal

13/04/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias supervisa o inicio das obras de rehabilitación da futura sede do Consorcio Casco Vello de Vigo en Ferrería 45

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta de Galicia sinala que o local, preto do Paseo de Alfonso, contribuirá a dar unha maior visibilidade ao organismo

13/04/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe un dos case 700 establecementos que xa se uniron ata agora á iniciativa, o que supón un 24% máis que na convocatoria do ano pasado

13/04/21 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 287.000 euros na mellora e climatización do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra

As actuacións encádranse no Plan de Eficiencia Enerxética nos edificios xudiciais galegos, que conta cun orzamento de máis de 6 millóns de euros