Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

07/04/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia incrementa a axuda da cooperación exterior para mitigar o impacto da covid nas sociedades máis vulnerables

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a coñecer hoxe no Parlamento de Galicia o Plan Anual 2021 de Cooperación galega, cun orzamento de case 7,5M€, un 12% máis que o do 2020

06/04/21 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense louva o traballo que a asociación Por Eles leva a cabo na provincia a prol das persoas con TEA

Gabriel Alén mantivo hoxe unha reunión con Eva Guzmán, presidenta desta organización sen ánimo de lucro creada en 2018 por nais e pais de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista

06/04/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza as obras de instalación dun paso de peóns semaforizado en Sobrán para mellorar a seguridade viaria deste barrio de Vilagarcía

O delegado territorial, Luis López, visita o comezo dos traballos, nos que se invisten 42.000 euros e que estarán finalizados nos vindeiros días

06/04/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o prazo de matrícula para o curso 2021-22 nas 26 escolas infantís públicas autonómicas da provincia

O representante do Executivo galego sinalou que, transcorridos sete meses desde o inicio do curso, este servizo ten demostrado que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade

06/04/21 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega tres novas vivendas de promoción pública no casco histórico de Ourense

O delegado territorial, Gabriel Alén, fixo entrega das chaves aos novos adxudicatarios, que poden facer uso dos pisos de inmediato

06/04/21 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Marín na mellora e renovación da luz pública exterior en San Pedro

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá as melloras levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

05/04/21 | 18:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a aposta da Xunta pola “dinamización do turismo e a potenciación das zonas naturais” na súa visita á mellora e embelecemento dos accesos ás Insuas de Gres

O delegado territorial visita esta actuación co alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, financiada pola Axencia Turismo de Galicia por un importe de máis de 35.000€

05/04/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou nos festivos da Semana Santa 53 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 144 dispositivos con 170 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19