Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Medio Rural convoca catro liñas de axudas para a creación e mellora de superficies forestais
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinala que se destinan 26,3 millóns de euros a incentivar o coidado e aproveitamento dos montes por parte dos seus propietarios
A Xunta activa mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra
Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal
A Xunta esixe do Goberno central un documento clarificador das axudas estatais comprometidas para o Xacobeo
O vicepresidente primeiro subliñou no Parlamento de Galicia que, de non se ter ampliado o Ano Santo, chegaría tarde a participación do Estado nun dos eventos máis internacionais dos que se celebran en España
A Xunta traballa coa USC na análise das competencias autonómicas e locais
A directora de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a reunión do grupo de traballo creado no seo da comisión de seguimento do convenio entre ambas entidades
O delegado territorial da Xunta visita as obras de restauración da igrexa de San Bartolomeu de Berrande en Vilardevós
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste 200.000 euros na súa rehabilitación
A Xunta impulsa un ciclo de encontros multidisciplinares que afondarán no Camiño de Santiago cunha perspectiva de xénero
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron esta mañá a iniciativa, que forma parte da programación do Xacobeo
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese cos alcaldes de Vilardevós e Verín
O delegado territorial da Xunta manifestoulle ao alcalde de Verín o seu rexeitamento pola decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal na antiga Praza de Abastos
A Xunta apoia a través do programa ‘O teu Xacobeo’ a iniciativa ‘O camiño que nos une’ da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiron hoxe á presentación desta iniciativa na que participan oito deportistas luguesas para promover os valores da igualdade e o Xacobeo
A Xunta inviste 738.984 euros en dous obradoiros para promover o emprego xuvenil na provincia de Ourense
O delegado territorial sinalou que os talleres están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, busque a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral
Gonzalo Trenor visita aos alumnos do obradoiro de Rianxo no que se forma a 16 desempregados menores de 30 anos en creación de páxinas web cunha achega da Xunta de máis de 369.000€
O delegado territorial lembrou que na comarca do Barbanza estanse a celebrar catro talleres de formación en Serra de Outes, Porto do Son, Ribeira e Rianxo cun apoio do Goberno galego de máis de 1,4M€