Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense visita a Sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras
Gabriel Alén aludiu ao prestixio dos viños desta DO, que se reflicte no seu recoñecemento na Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2021 recollendo máis de 120 referencias valdeorresas
Fernández-Tapias anuncia que a Xunta dobra a súa aposta polo festival do Marisquiño e incrementa a achega un 65% respecto ao 2019
A delegada territorial da Xunta en Vigo espera que a organización se replentee a súa marcha e que o Concello e a Deputación rectifiquen na súa decisión de rebaixar nun 70 por cento a súa contribución para a edición deste 2021
A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 140 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia
Leváronse a cabo 86 dispositivos con 223 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
Xunta e TSXG consensúan a proposta de creación de tres unidades xudiciais correspondentes a 2021
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza
A Xunta recibiu máis de 5.700 denuncias de concellos para colaborar na tramitación de sancións relacionadas coa covid-19 en ámbitos da súa competencia
Esta colaboración enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp ao que se adheriron 176 concellos, máis da metade dos municipios galegos
A Policía Autonómica tramitou 50 denuncias no marco do Plan de hostalería segura da Xunta
Os axentes controlan que os establecementos hostaleiros respectan o aforo sanitario permitido, os horarios de apertura e peche, así como as medidas de prevención ante a covid-19 por parte de empregados e clientes como a distancia de seguridade e o uso obrigatorio da máscara
A Xunta colabora co Concello de Covelo para a creación da primeira área de autocaravanas do municipio cunha axuda de 30.000 euros
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou a nova infraestrutura turística acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López
A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello do Irixo cun espazo para fomentar a conciencia ecolóxica
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o proxecto “Irixoga”, que inclúe xogos adaptados a distintas idades e unha mesa de traballo para realizar labores de plantado ou coidado de especies vexetais