Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

26/02/21 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra o primeiro proceso selectivo deste ano no Recinto Feiral de Silleda coas probas de acceso ao corpo de Policía Local de 35 concellos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Recinto Feiral onde indicou que reanudar as oposicións é unha boa noticia tamén para os concellos xa os que aproben xa farán as prácticas este mesmo verán nos seus respectivos concellos

26/02/21 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Pereiro de Aguiar

Gabriel Alén fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello destacando as achegas da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de 40.000 euros para a creación e adecentamento de varios parques infantís

26/02/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axudas da PAC para agricultores e gandeiros ascenderon o ano pasado a máis de 26,7M€ e beneficiaron a 3.905 explotacións na área de Santiago

O delegado da Xunta na Coruña destacou que estas axudas son as máis importantes para as comarcas rurais de Galicia, tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido

26/02/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde do Irixo

O delegado territorial fixo balance das inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando o recente anuncio da Consellería do Medio Rural de integrar, dentro da segunda fase do plan de pastos, montes veciñais do concello do Irixo

26/02/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da coordinación entre as forzas de seguridade e os servizos de emerxencia na loita contra a covid-19

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento para dar conta das actuacións do seu departamento na xestión da pandemia

26/02/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que as obras de mellora nas fachadas dos colexios de Fonseca e San Xerome completarán a renovación do Obradoiro, "un dos puntos de encontro máis importantes de Europa occidental"

Precisa que esta actuación, que conta cun prazo previsto de execución de tres meses, incluirá traballos tanto nas cubertas como nos paramentos verticais e na carpintería exterior, co obxectivo de mellorar a súa integridade

26/02/21 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina en Lugo 158.000 euros aos axentes sociais para que impartan formación en prevención de riscos laborais

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que sete asociacións empresariais e sindicatos organizaron cursos e xornadas para mellorar a seguridade no traballo

25/02/21 | 18:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo aborda coa CEG e a CEOE o impacto dos fondos Next Generation na recuperación e a necesidade de xestionalos de forma eficaz e áxil

O presidente da Xunta, Antonio Garamendi e Juan Manuel Vieites trasladan a necesidade de apostar, máis ca nunca, polo diálogo social entre administracións, empresarios e sindicatos para adoptar medidas que impulsen a recuperación económica e social

25/02/21 | 14:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Ribadumia con melloras nas infraestruturas, dotacións e compra de equipamento para os servizos municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

25/02/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa as obras da nova escola infantíl de Coirós que terá capacidade para 75 alumnos e estará rematada a principios deste verán

O delegado da Xunta informou que esta obra conta cun orzamento de 719.000 euros e permitirá atender toda a demanda de escolarización entre 3 e 6 anos