Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/02/21 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta instala unha cuberta no patio de xogos infantís do CEIP de Palas de Rei, cun investimento de 42.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as obras de mellora da eficiencia enerxética do colexio avanzan a bo ritmo e só falta pintar o exterior do edificio, o que se fará en canto mellore o clima

25/02/21 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas

O delegado territorial confirmoulle que o Goberno galego está traballando na ampliación de máis de 420.000 metros cadrados e que conta cunha partida de 1M de euros nos orzamentos 2021 para executala

25/02/21 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Técnica de Protección Civil aproba o novo decreto para actualizar as actividades en centros obrigados a presentar plans de autoprotección

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión, na que se informou da modificación da orde de rexistro destes plans

25/02/21 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor traslada á alcaldesa de Bergondo un convenio para a mellora integral do centro de saúde

O proxecto ten un orzamento de máis de 306.000 euros e sería financiado a partes iguais pola Xunta e polo Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

24/02/21 | 18:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central urxencia e concreción nas axudas á hostalería para garantir a supervivencia do sector

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reclama que as actuacións anunciadas hoxe polo presidente do Goberno, un ano despois de comezar a pandemia, se traduzan en axudas directas, que é o que precisa o sector

24/02/21 | 17:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza que as obras de integración paisaxística do Camiño Francés entre O Tangueiro e San Lázaro estarán rematadas en abril, logo dun investimento autonómico de 1 M€

O Goberno galego leva tempo traballando arreo para aproveitar ao máximo esta oportunidade histórica de ter un Xacobeo que se estende ata 2022

24/02/21 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña o “traballo constante da Xunta” na mellora da atención ás persoas maiores ou en situación de dependencia

O delegado territorial lembra que se destinan 18 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar en Lugo, que vén de ser reforzado pese a que o Estado non achega o 50% que lle corresponde

24/02/21 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta destaca a coordinación entre forzas de seguridade e a colaboración co sector no Plan de hostalería segura

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, abordaron co delegado do Goberno en Galicia e o presidente da Fegamp o plan para garantir o cumprimento das normas vixentes a través das policías locais en colaboración co resto de forzas e corpos de seguridade

24/02/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese cos alcaldes de Vilamarín e Piñor

O delegado territorial da Xunta destacou as obras de mellora do abastecemento ao parque empresarial e aos núcleos das Quintás e da Ría, por un importe de máis de 165.000 euros en Vilamarín