Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/02/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 200 axencias de viaxes participaron nunha webinar sobre as axudas habilitadas pola Xunta para o seu sector

Esta semana quedaron activas as dúas liñas de axuda creadas especialmente para o sector da turoperación e dotadas con 3,6 millóns de euros

24/02/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a 2ª fase da rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Cerdedo rematará este verán e poñeranse no mercado para alugueiro social

A Consellería de Vivenda inviste 770.000€ na recuperación de oito casas, cunha superficie de 102 m2 cada unha, tras restaurar as zonas comúns do inmoble e outras dúas vivendas na 1ª fase cunha achega autonómica de 353.000€

24/02/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea abordan os retos demográficos da UE nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na segunda reunión do ciclo de encontros virtuais “FGE Next Generation Galicia” da Fundación Galicia Europa

24/02/21 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a licitación a vindeira semana dunha nova promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo en Subida ao Castelo 9

A presidenta do organismo e delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe xunto ao arquitecto da obra este inmoble do que obterán dúas novas vivendas

24/02/21 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca máis dun milleiro de prazas do Plan de formación continua do primeiro semestre para as forzas de seguridade

Inclúe un total de 32 cursos que suman máis dun milleiro de horas e van destinados a persoal da Policía Local e tamén a profesionais da Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil que traballan en Galicia

23/02/21 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da senda peonil que facilita o acceso a nova estación do AVE na Gudiña

Gabriel Alén sinalou que o obxectivo foi mellorar a accesibilidade á nova estación, aínda que é preciso resolver a súa continuidade por parte de Adif nos terreos internos da terminal e no paso inferior, que provoca un estreitamento e unha redución de gálibo

23/02/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras de mellora e embelecemento da contorna do Camiño de Santiago na Mezquita

Gabriel Alén mantivo un encontro co seu alcalde, Rafael Pérez, onde repasaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica

23/02/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal

23/02/21 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que Sanidade seguirá facendo cribados de detección da Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés malia a desescalada para protexer aos cidadáns

O delegado territorial, acompañado do xerente da área sanitaria, José Ramón Gómez, e da alcaldesa María Ramallo, asiste ao inicio das probas en Marín, que convocan a 12.763 persoas no maior despregue realizado ata a data na bisbarra