Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

22/02/21 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal busca simplificar a obtención do documento obrigatorio para vehículos de traballadores transfronteirizos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na presentación do novo proxecto da iniciativa b-Solutions promovida pola Comisión Europea

22/02/21 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias avanza que a Xunta culmina mañá a activación do segundo Plan de rescate convocando novas axudas para os sectores máis prexudicados

Este programa é compatible co de autónomos e microempresas, polo que a contía total a percibir pode elevarse ata os 15.700 euros

22/02/21 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega preto de 35.000 euros para a renovación do parque infantil do Souto no concello coruñés de O Pino

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

22/02/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa 3,6 M€ para que as axencias de viaxes promocionen Galicia e o Xacobeo como destino seguro

A primeira das axudas, que xa foi publicada no DOG, destina 2,4 M€ á dixitalización das empresas e a comercialización de novos paquetes turísticos

22/02/21 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Ribadavia

Gabriel Alén trasladoulle a implicación do Goberno galego coa vila de Ribadavia, e lembroulle o recente investimento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de 1,1 M€ na rehabilitación integral do IES O Ribeiro

22/02/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anima ao emprendemento no ámbito da conciliación rural coas axudas da Consellería de Política Social na súa visita á casa niño da Lama

A Xunta abre a sexta convocatoria para estas instalacións infantís con 1,6 M€ e unhas achegas de 15.000€ para obras do inmoble e equipamentos e 19.600€ anuais para o seu funcionamento, xa que son gratuítas para as familias

22/02/21 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 78 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 107 dispositivos con 370 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

22/02/21 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López garante que Sanidade vacinará fronte a covid-19 aos 22.000 maiores de 80 anos da área sanitaria de Pontevedra con inoculacións a domicilio cando teñan problemas de mobilidade

O delegado territorial da Xunta cre que o sistema artellado, con 15 puntos de vacinación nas cabeceiras comarcais, é o máis axeitado por operatividade, loxística, axilidade e para asegurar a conservación das doses

21/02/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Monte do Gozo contará cun punto Citypaq para facilitar o envío e recepción de paquetes para os peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro con “El Camino con Correos” para avanzar nesta e noutras vías de colaboración conxunta