Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 4549 noticias de la C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

05/02/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibiu máis de 3.300 denuncias de concellos pola tramitación de sancións da covid-19 que son da súa competencia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou esta mañá nun webinar cos 174 concellos adheridos ao convenio coa Fegamp para informarlles da xestión na tramitación dos expedientes sancionadores

05/02/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Quintela de Leirado

O representante do Goberno autonómico analizou co rexedor os temas municipais relacionados coa administración autonómica

05/02/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos turoperadores galegos a importancia do Seguro Coronavirus para recuperar a confianza do viaxeiro e reactivar o sector turístico

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega)

05/02/21 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega a 8 concellos da provincia de Ourense material para mellorar a capacidade de resposta fronte ás nevaradas

O delegado territorial da Xunta en Ourense participou esta mañá no Polígono de Barreiros na entrega de esparelladores de sal ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de Baños de Molgas, Barbadás, Cortegada, Maceda, Muíños, Petín, A Pobra de Trives e Xunqueira de Ambía

04/02/21 | 18:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sanidade xa supera as 40.000 persoas nos cribados de detección da covid-19 realizados na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés e prepara novas probas

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, e a directora de Atención Primaria, Belén Piñón, acuden ao cribado de Ponte Caldelas, ao que están citados 3.000 veciños de entre 40 e 79 anos, que foi a franxa de idade determinada segundo os criterios sanitarios e sociais, ata o vindeiro sábado

04/02/21 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias convoca a comisión territorial da Xunta en Vigo coa incorporación de Ana Ortiz, ex subdelegada do Goberno

O órgano de coordinación avaliou as medidas adoptadas en cumprimento das recomendacións sanitarias baixo a premisa de garantir os servizos ao administrado

04/02/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde da Teixeira e por videoconferencia coa alcaldesa de Porqueira

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

04/02/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba Plans de Infraestruturas Rurais para os concellos de Lalín, Rodeiro e Dozón cun investimento de 120.000€

As obras consistirán no reforzo da plataforma en varias pistas da capital dezá, a mellora de camiños en Vistuíde e a dotación de nova pavimentación en diversas vías do lugar da Gouxa

04/02/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor entregou as tendas de campaña para emerxencias a 19 agrupacións de Protección Civil da provincia

O delegado da Xunta informou que ata o 19 de febreiro está aberta a convocatoria da orde de axudas para gastos de funcionamento das agrupacións de protección civil