Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta asinou no último cuadrimestre do ano pasado 14 convenios que impulsan actuacións turísticas en Lugo cun investimento de 1,2 M€
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se formalizaron instrumentos de colaboración para desenvolver o Plan de sostibilidade turística da Ribeira Sacra e para a reactivación de xeodestinos
Fernández-Tapias anuncia o inicio do proceso de adxudicación de dúas vivendas en Berbés 41 e unha en Abeleira Menéndez 16
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial en Vigo sinala que este é o undécimo sorteo destas características convocado polo CCVV
Sanidade realizará un cribado a 22.000 persoas do concello de Vigo
A partir do próximo venres iniciarase este cribado con test de antíxenos no Instituto Ferial de Vigo
Luisa Piñeiro recolle as solicitudes do concello de Vilanova para xestionar as sendas de Caleiro e Corón, a mellora dos colexios, o alumeado do polígono de Baión e a humanización do centro
A delegada territorial da Xunta mantén unha reunión de traballo co alcalde, Gonzalo Durán, e o tenente de alcalde, Javier Tourís, para abordar os proxectos autonómicos no municipio para este ano
A Xunta achega 50.000 euros ao concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para vítimas de violencia de xénero
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou a importancia de “coordinar as accións administrativas e colaborar para ofrecer unha atención integral ás mulleres e aos seus fillos e fillas”
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde da Gudiña
Gabriel Alén tivo a ocasión de repasar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de medio ambiente e infraestruturas turísticas
A Xunta incrementa nun 12% o orzamento do Plan anual da cooperación galega para 2021 ata os 7,4M€
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode), na que se aprobou por unanimidade o Plan anual 2021 da Cooperación Galega
A Xunta destaca que os 3 novos GES en Pontevedra permitirán mellorar a cobertura das emerxencias na provincia
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento dos novos GES na provincia de Pontevedra a representantes da Deputación provincial e dos concellos sede destes grupos
A Xunta concede apoios por 469.000 euros para os proxectos de desenvolvemento tecnolóxico de 37 pemes e autónomos de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o obxectivo é axudar ás empresas locais a incorporar as vantaxes dixitais para ser máis competitivas