Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destina 7,3 M€ ao funcionamento dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para os dous vindeiros anos
A delegada territorial, Luisa Piñeiro, mantén un encontro cos representantes dos cinco GDR da provincia de Pontevedra para planificar a estratexia ata o ano 2022
A Xunta a través do GDR e do GALP da Costa da Morte apoiou 18 proxectos no 2020 cun investimento de máis de 1,3M€
O delegado da Xunta participou nun encontro de traballo cos presidentes de ambas entidades para facer balance e definir as estratexias no 2021
A Xunta destinará 2,5 M€ a axudas ás asociacións de veciños, de mulleres rurais de Galicia e comunidades de usuarios de augas para mellorar a calidade de vida local
As axudas teñen como finalidade fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal e contan cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras de mellora nos locais sociais e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos
A Xunta colabora con 22 establecementos e tres concellos da provincia de Lugo para implantar ou manter a marca Q de Calidade Turística
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que dous negocios de aloxamento de Palas de Rei e Portomarín e a Administración local de Sober obtiveron achegas para a primeira certificación deste distintivo
A Xunta aposta pola colaboración cos concellos para poñer en marcha os dous novos GES aprobados para a provincia de Ourense
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a posta en funcionamento dos Grupos de Emerxencias Municipal de A Veiga e Maceda
A Xunta outorga 22.776 horas anuais máis de Axuda no Fogar para dependentes aos concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, A Illa, Meaño, Meis e Ribadumia
A Consellería de Política Social concede 8.664 horas máis á capital do Salnés, o que supón un alza do 15,2% e permitirá realizar 65.628 horas por exercicio
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal e por vento en toda a comunidade galega
Alértase dun fenómeno meteorolóxico por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h
Fernández-Tapias sinala que os problemas de calefacción do CEIP Otero Pedrayo son competencia de mantemento do Concello de Vigo
A delegada territorial informa que o centro contactou co Concello e a empresa xa na primeira semana de decembro e que, tras varios intentos nulos de comunicación, o 11 e 19 de xaneiro solicitaron o arranxo por rexistro municipal