Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

15/01/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias entrega as chaves da vivenda de promoción pública de Cruz Verde 12 a unha nova veciña do Casco Vello vigués

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial da Xunta pon en valor a importancia de promover vivendas de protección, nomeadamente na cidade viguesa cos maiores rexistros de demandantes de entre as urbes galegas

15/01/21 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra en 2,6 millóns de euros as axudas abonadas pola Xunta a un millar de negocios hostaleiros de Vigo

A delegada territorial sinala que das 1.148 solicitudes presentadas xa se pagaron un millar, o 87,2%, que representa á metade dos negocios do sector na cidade

15/01/21 | 10:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta xa pagou máis do 92% das axudas aos 713 negocios de hostalaría da provincia que se acolleron ao plan de rescate autonómico

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta dedica 2 millóns de euros para atender as solicitudes destes hostaleiros

15/01/21 | 09:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta outorga axudas do plan de rescate para autónomos a case o 70% dos negocios de hostalería da cidade de Pontevedra por un importe global de 1,1 M€

Un total de 400 establecementos da capital provincial xa accederon a estas achegas, que foron solicitadas por 439, polo que os pagos realizados polo Goberno galego xa se sitúan no 91%

14/01/21 | 16:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias supervisa o remate das obras do tramo de concentración de accidentes na PO-552 ao seu paso por Nigrán

A delegada territorial da Xunta destaca a gran inversión do Executivo galego en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca

14/01/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o calendario lexislativo previsto para 2021, en virtude do cal se enviarán 10 leis ao Parlamento de Galicia

Destaca que este ano continuarán levándose a cabo importantes e novidosas reformas no eido lexislativo, relacionadas con contidos económicos, sociais ou administrativos

14/01/21 | 16:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

A Xunta xa abonou o 70% das axudas concedidas aos sectores e colectivos máis afectados pola covid-19 por valor de 150 M€

Feijóo detalla que xa se abonaron preto do 80% das solicitudes recibidas do Plan de rescate, das que arredor de 15.000 pertencen ao sector da hostalería

14/01/21 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invistiu máis de 89.000€ en diferentes actuacións medioambientais nos concellos de Negreira e A Baña

Trenor destacou que o Fondo de Compensación Ambiental deixou na comarca de Santiago máis de 416.000 euros en 16 proxectos

14/01/21 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Covelo no acondicionamento dos vestiarios e o entorno da piscina municipal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá as actuacións realizadas no marco da Orde de Infraestruturas de uso público