Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Laracha conta cun novo punto limpo móbil grazas a unha achega da Xunta de máis de 58.000€
Trenor destacou que o Goberno galego financiou 7 proxectos de mellora da xestión de residuos nos municipios de Bergantiños-Costa da Morte cunha achega de máis de 244.000 euros
A Xunta alerta dun episodio de temperaturas mínimas de nivel laranxa no sur da provincia de Ourense
Está tamén activada unha alerta amarela por temperaturas mínimas no suroeste da Coruña; na Mariña, centro e sur de Lugo; na zona do Miño en Ourense e Pontevedra e no interior da provincia de Pontevedra
Fernández-Tapias reclama a Caballero que explique si será cómplice de que Vigo non conte coa mellor biblioteca do Estado
A delegada territorial en Vigo insiste en que o alcalde defina de que parte está e se pronuncie sobre a intención do Goberno central de reducir á metade a biblioteca
A Policía Autonómica identificou esta fin de semana máis de 1.100 persoas nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia
Leváronse a cabo 112 dispositivos que tiveron como resultado 38 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
A Xunta participa na presentación do cartel da Semana Santa de Santiago nunha edición especial con motivo do Ano Santo
A directora de Turismo de Galicia participou na presentación esta mañá do cartel elaborado de xeito conxunto por todas as confrarías da Semana Santa compostelá
A Xunta colabora en proxectos conxuntos dos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar para levar a cabo melloras ambientais e de infraestruturas
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as obras deseñadas para facilitar a mobilidade na rúa Xabroeiro, que divide os concellos de Curtis e Vilasantar e nas que Vicepresidencia inviste 43.750 euros
O delegado territorial da Xunta recibe á decana do Colexio de Economistas de Ourense
Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados
A Xunta da continuidade ao proxecto 'Acende o Xacobeo' coa iluminación das sete cidades galegas ata o 25 de xullo
A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela iluminan algúns dos seus principais edificios uníndose así ao Xacobeo2021
A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro no noroeste e oeste da costa coruñesa por mar combinada do noroeste con ondas de máis de 4 metros e vento do noroeste forza 8
A Xunta xa abonou ao sector do ocio nocturno o 84% das axudas aprobadas para sufragar os gastos de alugueiro
O Goberno galego apoia, con contías de ata un máximo de 20.000 euros, aos titulares dun contrato de aluguer de discotecas, pubs, cafés-espectáculos, salas de festas e salas de concertos que permanecen pechados desde o 15 de agosto