Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente de ACCU Ourense
O delegado territorial animou ao representantes da entidade a seguir actuando polo desenvolvemento individual das persoas afectadas e informou de que a Consellería de Política Social xa puxo en funcionamento un baño adaptado no centro socio comunitario de Ourense, e lembroulle a existencia de baños ostomizados no edificio administrativo da Xunta de Galicia e no edificio xudicial
A Xunta demanda ao Goberno central que Galicia teña presenza directa na negociación sobre o reparto de cotas pesqueiras en augas británicas
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 64ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)
A Xunta e o Sindicato Unificado de Policía abordan as necesidades da Policía Autonómica de cara ao 2021
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes do SUP en Galicia
Feijóo destaca que a Xunta chegará esta semana a pagar xa o 70% das solicitudes de axudas dedicadas á hostalería, a microempresas e aos autónomos
“O prazo de presentación de axudas aínda finalizou onte. Nunca unha orde se pagou de forma máis rápida que esta”, subliña
A Xunta apoia a dinamización da vida local con axudas ás entidades veciñais para manter a súa actividade e mellorar os seus servizos
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, as actuacións levadas a cabo na Asociación de Veciños Vilar de Astres para reformar o local social e dotalo de equipamento
O Xacobeo 2021 comezará cun acto videomusical que se proxectará en 16 países e que será retransmitido en streaming e pola TVG
Trala celebración litúrxica proxectarase un vídeo de benvida do Ano Santo, no que participarán artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Amaral ou Rozalén
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros
A Xunta aposta por fomentar as vocacións científicas entre as nenas e mozas para rachar coa fenda de xénero neste ámbito
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiron esta tarde o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2020
A Xunta achega 56.600 euros para mellorar a xestión de residuos no concello do Incio cun punto limpo móbil
O delegado territorial, Javier Arias, coñeceu o novo equipamento adquirido pola entidade local para levar ás diferentes parroquias o servizo de recollida selectiva de restos voluminosos e outro tipo de lixo
Fernández-Tapias supervisa as obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño no que a Xunta está a investir 587.000 euros
A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, destaca que unha vez finalizada a intervención o alumnado do ciclo formativo de madeira, moble e cortiza poderá realizar as clases prácticas nas instalacións do propio centro